Ilíada

De Wiki Aller
Revisión feita o 20 de febreiro de 2011 ás 17:23 por Servando (Conversa | contribucións)
Ilíada
Curso
2º de bacharelato
Carácter
Obrigatorio
Materia
Grego II
Departamento
Grego
Temporalización
1ª avaliación


Nesta obra, que a tradición atribúe a un poeta cego chamado Homero, podemos asistir a un episodio da guerra de Troia, que, ao final da época micénica terían levado a cabo unha coalición de reis gregos contra a cidade asiática de Troia. Os acontecementos que nos contan nela ocorren en nove días, que nin sequera son os últimos da guerra. Hai que ter en conta que o chamado Ciclo Troiano, ou sexa, todas as historias que xiran arredor desa guerra, os seus antecedentes, o seu desenvolvemento e as consecuencias dela, deron para moitas obras da literatura tanto grega como posterior, mesmo na actualidade.

Non está prohibido ler a obra enteira, pero o que será esixido é a lectura dos cantos I, VI, XVI e XXII. Aquí tedes un pequeno resumo deles:

  • Canto I: É o décimo ano da guerra de Troia. Aquiles e Agamenón incomódanse debido a disputa sobre unha xove cativa.
  • Canto VI: Heitor retorna a Troia para pedir que se tente acalmar a Palas Atenea. Encóntrase con esposa e fillo e retorna á batalla xunto ao seu irmán Paris.
  • Canto XVI: Patroclo pídelle a armadura a Aquiles e permiso para entrar na loita. Aquiles concede, porén Patroclo é morto por Heitor.
  • Canto XXII: Aquiles bátese en duelo con Heitor e mátao. A seguir, deshonra o seu cadáver, arrastrándoo ao campamento grego.



Departamento de Grego

  • Tratamento previo: Introdución ás historias sobre Troia, o período micénico e a súa caída, os hititas,...
  • Obxectivos: Dar atrapado o espírito heroico que move a obra, a ἀρετή e a poesía épica.
  • Avaliación: Unha pregunta no exame de avaliación.
  • Contidos curriculares: a poesía épica, os dialectos gregos.
  • Contidos transversais: As diferenzas culturais.

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • SELA, Evaristo de (1990): A Ilíada. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. 1 exemplar.

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas