Cousas
Os vellos non deben de namorarse é a única obra teatral de Castelao. O tema central da obra xira arredor dos amores serodios, desencadeante do conflito dramático, e a morte. Os amores do vello pola moza é un tema presente, con distintos tratamentos, na literatura culta e popular de todos os tempos e latitudes. A morte é elemento elixido para resolver o conflito.
Esta dobre temática -amor e morte- toma corpo no personaxe do vello e nela ensaríllanse diversos subtemas como a natureza da felicidade, o casamento de comenencia, o motivo da malcasada, a decadencia da fidalguía ou o amor por interese fronte ao amor sentimento.
A singularidade da obra non radica, pois, nos temas seleccionados senón no seu tratamento escénico e artístico. A integración de elementos populares e tradicionais coas novas formas do teatro europeo do momento supoñen unha proposta para crear un teatro galego da arte e teñen maior significación histórico-literaria que o tema en si.
Por outra banda, o tratamento faise en clave de farsa: alternancia de elementos tráxicos, cómicos e traxicómicos.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Tratamento previo: Introdución xeral á linguaxe teatral. Lectura dramatizada na clase.
Obxectivos: Lectura e análise literaria.
Avaliación: Análise dun fragmento.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Outros de departamentos
MM
Número de exemplares na Biblioteca
- CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Cousas /Alfonso R. Castelao ; edición de Manuel Rosales. --Vigo : Galaxia. --122 p. : il.; 20 cm. --Literaria; 13. ISBN 84-8288-781-5. 6 exemplares
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
Castelao : Magnífica aproximación a Castelao na Galipedia
Ilustracións de Cousas Dixitalización dos debuxos orixinais de Castelao para as Cousas no Museo de Pontevedra.