Erros e tánatos

De Wiki Aller
Revisión feita o 9 de febreiro de 2011 ás 20:39 por Paio (Conversa | contribucións)
Erros e tánatos
miniatura da obra
Curso
1º Bacharelato
Carácter
Obrigatoria
Materia
Lingua galega e literatura 4º
Departamento
Lingua galega literatura
Temporalización


Erros e tánatos é un libro de relatos de Gonzalo Navaza, publicado por Xerais en 1996. Son relatos artellados a partir do engano, da inxenuidade ou da impostura tal e como se recolle na lapela da portada do libro. Relatos impregnados de humor e ironía, que nos conducen a finais sorprendentes. Dez relatos que nos sitúan no segundo lustro da década dos 40 e na década dos 50, no fondo un cadro de posguerra, con especial mención ao Lalín desa época, caso do relato (O home do saco), que nos serviu para facer unha recreación do crecemento urbanístico da vila. Gonzalo Navaza mostra unha notable solvencia no manexo dos diferentes recursos do conto, tales como o misterio, a fantasía ou o dramatismo... até mergullarnos nun mundo no que non todo é o que semella ser.


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Contextualización histórico-cultural da época.

Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva

Avaliación: Lectura, debate previo e posterior control escrito.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.

Contidos transversais: Educación urbanística e para o desenvolvemento dos valores da condición humana.


Outros departamentos

Filosofía: Etnografía e antropoloxía, a partir do relato 'O home do saco'.


Número de exemplares na Biblioteca

NAVAZA BLANCO, Gonzalo: Erros e tánatos /Gonzalo Navaza. --Vigo : Xerais, 1996. --125 p.; 21 cm. (Literaria; 121.) ISBN 84-8302-993-6: 11 exemplares


Ligazóns

De elaboración propia:

Unha viaxe por Lalín a través do tempo (Guía fotográfica)

Exposición fotográfica que en imaxes tenta reflectir o contraste entre o Lalín d'O Home do saco (anos 50-60) e o actual. Material elaborado por Xosé Paio, Mario Pereira e Carlos Miguez (fotos), a partir do periplo do protagonista do relato 'O home do saco'. Formato Issuu.


Ligazóns externas:

Gonzalo Navaza no portal da BVG

Gonzalo Navaza Blanco no portal Galipedia