Axuda
De Wiki Aller
Revisión feita o 3 de febreiro de 2011 ás 01:08 por Servando (Conversa | contribucións)
Publicar nun wiki é moi sinxelo e rápido: de feito a palabra wiki significa 'rápido' en hawaiano.
Na parte esquerda da pantalla tes unha caixa sobre a que está escrito procura. Escribe nela o artigo que queiras ver e preme o botón Artigo.
- Se existe, irás directo a el. Fai a proba escribindo Merlín e familia.
- Se non existe, verás un aviso no que che pide que crees ti o artigo (en cor vermella), preme nel e accederás ao editor, escribe nel (se creas un artigo sobre unha obra propoñémoste o seguinte esquema, que só terás que copiar, pegar no editor e substituír o que está escrito en maiúsculas polo que creas conveniente) e finalmente, na parte inferior da páxina, verás os botóns de Gardar a páxina e Mostrar a vista previa. Se estás rexistrado dálle a Gardar a páxina, se non terás que pasar primeiro pola vista previa. É conveniente que traballes rexistrado. Para rexistrarte vai á ligazón rexistro da parte superior dereita da pantalla.
Para as diferentes cousas que se poden facer no editor podes ver o seguinte documento: Ficheiro:Referencia rápida wiki.pdf.