Funambulistas
Mercedes Leobalde amósanos nos vinte e cinco relatos de Funambulistas que vivir é camiñar pola corda frouxa da existencia. En palabras de Manuel Bragado, Funambulistas "denuncia un tempo de desigualdade e violencia cos humildes, sobre todo coas mulleres, mais no que é posible enxergar a esperanza e o inconformismo ganduxado cos fíos dun humor moi sutil e da proximidade do cotián". A obra, gañadora do XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, fía unha serie de relatos "inesquecibles pola potencia da súa brevidade" que van adqurindo unha forte dose novelada envurullada entre o conflito da inestabilidade e a procura de acougo emocional. "Non é casual -como sinala de novo Manuel Bragado- que nun dos relatos, «Declaración de amor do xadrecista», a voz narradora diga: Porque todos somos funambulistas nesta vida, pero a vós me enfronto, case infecta, porque asumo que nalgún momento da partida, se esta paga a pena, a guerra a grande escala é inevitable. Unha frase de “espírito funambulista"...
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Tratamento previo: Introdución xeral á narrativa fantástica. Lectura comprensiva na clase.
Obxectivos: Lectura connotativa e análise literaria.
Avaliación: Análise expositiva e argumentativa.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Outros de departamentos
MM
Número de exemplares na Biblioteca
- LEOBALDE, Mercedes: Funambulistas. --Vigo :Xerais, 2015. --110 p.; 21 cm.-- (Narrativa) ISBN 978-84-9914-823-6. 2 exemplares
Ligazóns
De elaboración propia
[[[Ficheiro:En preparación a Guía de lectura]]] de Funambulistas
Ligazóns externas
Mercedes Leobalde na Galipedia, unha achega á súa obra.