Penúltimas tendencias
Penúltimas tendencias é un poemario de Carlos Negro. A obra, sentenza Edicións Xerais, é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. O libro, tal e como sinala Montse Pena Presas, convida a reflexionar sobre o excesivo e inconsciente culto que a mocidade lle ten á velocidade e ao tunning; e tamén por unha certa irreverencia que obriga a eses eu líricos que se condensan nun só (o do mozo que ama as estradas e o risco por enriba de todo) a (con)vivir e negociar con diferentes forzas da colectividade, maiormente coa familia. Esa loita polo poder de decidir vólvese central nun poemario en que a reflexión, ausente nas primeiras partes do mesmo, fire como unha puñada no estómago nas dúas últimas, de singnificativo título: “061” e “Game over”. A conexión co lectorado xuvenil é procurada a través da utilización dunha linguaxe coloquial adolescente e de referentes culturais que se estenden á música (algúns poemas semellan cancións de hip hop, sen esquecer as referencias ao rock máis canónico, como Springsteen, ou as composicións electrónicas de Red Zone), ao cine (“Fast and Furious”) e aos videoxogos (“Need for Speed”, “Power Racing”), sempre perfectamente vinculados co principal alicerce temático da obra. Á fin a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio. Sen dúbida ningunha, poesía do coñecemento e experimental de carácter cívico, na que Carlos Negro fainos reflexionar sobre a mocidade adolescente, a través dun rexistro lingüístico de estética naïf.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Carácter / nivel : Obrigatorio / 3º ESO
Tempo: 2º trimestre
Tratamento previo: Contextualización. Guía de lectura.
Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.
Avaliación: Control escrito e oral.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Contidos transversais: A adolescencia.
Número de exemplares na Biblioteca
NEGRO, Carlos: Penúltimas tendencias. -Vigo : 2014. -69 p.; 21 cm. (Fóra de xogo; 151.) ISBN 978-84-9914-607-2: ? exemplares
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
[hai-un-mercado-especializado-que-vai-pautando-o-que-mozas-deben-comprar-vestir-pensar/], entrevista con Carlos Negro
Penultimas-tendencias#scribd traballo realizado no IES Colmeiro
[[1]] Carlos Negro na Galipedia