Cantigas medievais galego-portuguesas
Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Habemos seguir a traballar para completalo.
|
A base de datos desenvolta polo Projeto Littera supón o máis amplo e logrado esforzo para difusión do cancioneiro medieval galego. A base proporciona:
- A totalidade (case 1860) das cantigas medievais profanas.
- Unha pequena e presisa información sobre cada autor.
- As imaxes dos manuscritos que as conservan.
- A música: tanto a medieval, como as versións ou creacións actuais que toman como referencia as cantigas.
Para facilitar a súa interpretación, os textos acompáñanse de:
- Glosario.
- Encadramento histórico.
- Notas onomásticas (toponimia, antroponimia...)
- Notas explicativas daqueles versos cuxa lectura pode resultar máis difícil.
- Esquema dos aspectos formais máis básicos de cada cantiga.
Finalmente, cada texto leva consigo unhas propostas de lectura e/ou interpretación.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Carácter / nivel : Obrigatorio / 1º BAC
Tempo: 1º trimestre
Tratamento previo: Introdución xeral ao cancioneiro medieval. Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.
Avaliación: Edición dunha antoloxía de 20/30 cantigas por parte do alumnado, organizado individualmente ou en parellas.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Contidos transversais: .
Outros departamentos
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
Cantigas medievais galego-portuguesas do Projeto Littera