Galván en Saor

De Wiki Aller
Revisión feita o 2 de agosto de 2011 ás 15:57 por Paio (Conversa | contribucións)
Galván en Saor
[[Image:|230|miniatura da obra]]
Curso
1º de bacharelato
Carácter
Opción en listaxe obrigatoria
Materia
Lingua galega e literatura I
Departamento
Departamento de lingua galega e literatura
Temporalización


Galván en Saor é unha novela que a través dun dobre plano temporal nos mergulla no mundo mítico da Materia da Bretaña, centrándose nas aventuras galaicas de Galván, en reflexións sobre a lenda do Graal e sobre o Merlín, e describindo con realismo a batalla que pon fin a lenda do rei Artur. A historia xira arredor do personaxe do cabaleiro Galván e da súa estadía en Galicia. As alusións ao Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro son claras, ao igual que á Morte do rei Artur de Thomas Malory. O Graal mesmo pode ser o do Cebreiro de Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas. O pouso ideolóxico tamén se deixa querer a través da alusión á nación celta galega ou ao histórico reino independente de Galicia, na persoa de Don García. Personaxe clave da posterior novela de Darío Xohán Cabana Morte de rei (1996).



Departamento de Lingua e Literatura galegas

Carácter / nivel : Obrigatorio / 1º BAC

Tempo: 2º trimestre

Tratamento previo: Introdución xeral á época. Guía de lectura.

Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.

Avaliación: Control escrito.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.

Contidos transversais: Educación sexual.


Outros de departamentos

MM


Número de exemplares na Biblioteca

CABANA, Darío Xohán: Galván en Saor. -Vigo :Media:Galaxia, 1989. -135 p.; 21 cm. (Literaria; 222.) ISBN 84-7507-431-6: ? exemplares

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas