Senderos de gloria

De Wiki Aller
Revisión feita o 3 de maio de 2011 ás 23:30 por Servando (Conversa | contribucións)
Senderos de gloria
miniatura da obra
Curso
4º ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Ciencias sociais, xeografía e historia 4º
Departamento
Departamento de xeografía e historia
Temporalización
2ª avaliación


Vatel (2000) de Roland Joffé é un filme de corte histórico baseado na vida do cociñeiro suízo Roland Joffé (París, 1631 – Chantilly, 1671), interpretado por Gérard Depardieu.

Luís XIV, acompañado de toda a súa Corte, desprázase ao castelo de Chantilly. O motivo de tan ilustre visita é a intención de nomear ao príncipe de Condé xeneral das súas tropas ante a inminente guerra coa Holanda de Guillerme de Orange. O anfitrión amósase resolto a facer todo canto estea na súa man para gañar o seu favor e así poder superar o estado ruinoso das súas contas.Con este fin, recorre ás artes de Monsieur Vatel, o seu mestre de cerimonias, que vai despregar tódalas súas habilidades culinarias e artísticas para sorprender ao rei e conseguir que o seu amo logre recuperar a súa posición de privilexio. Os fastos desenvólvense co esplendor desexado polo mestre de cerimonias, pero o último día Vatel vese sorprendido por un imprevisto: os carros de peixe encargados para a cea retrasase. ...


Marco temporal

A película está ambientada en 1671, en vésperas do comezo da guerra que enfronta a Francia coas Provincias Unidas gobernadas polo estatúder Guillerme de Orange. En 1672 Luís XIV invadiu Holanda e Guillerme conseguiu establecer unha coalición coa casa dos Habsburgo, tanto coa súa rama española como co Sacro Imperio, que obrigou a Francia a negociar a paz de Nimega en 1679. Pese á súa condición nobiliaria, o príncipe de Condé recibe a visita duns acredores pertencentes ao terceiro estado. Este feito, é dicir, que a burguesía comercial apareza en disposición de reclamar débedas a un nobre é un síntoma de cambio que, paulatinamente, estaba experimentando a sociedade de A. Réxime.

O filme reflicte a vida cortesá, os luxos que acadaron a súa máxima expresión nas cortes absolutas, nas que o boato se instalou como a demostración do absolutismo dos monarcas.Ao longo da película as mostras do abuso do poder real son numerosas. Tamén se deixan entrever as intrigas de palacio xurdidas arredor do rei, ao que rodean personaxes ávidos de exercer a influencia necesaria para incrementar o seu poder.

Vatel
Título orixinal Vatel
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Dirección Roland Joffé
Produción
Guión Jeanne Labrune
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Gerard Depardieu (François Vatel), Uma Thurman (Anne de Montausier),Tim roth (marqués de Lauzun), Julian Glover (príncipe de Condé), Julian Sands (Luís XIV) Hywel Bennett (Colbert).
Música Ennio Morricone
Director de Fotografía
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 2000
Duración 117 m.
País Francia / Reino Unido
Xénero
Orzamento
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb


Departamento de xeografía e historia

  • Tratamento previo:
  • Obxectivos:
    • Coñecer as peculiaridades da sociedade de A. Réxime e valoralas criticamente.
    • Amosar o carácter despótico das monarquías absolutas e comprender as atribucións que posuía o monarca.
    • Identificar os principais personaxes históricos que aparecen na película.
  • Avaliación:
  • Contidos curriculares:
  • Contidos transversais: Competencia audiovisual.

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

Vatel /

Ligazóns

De elaboración propia

Descarga o cuestionario.

Ligazóns externas

Artigo sobre Vatel en Historia de la cocina.