Diferenzas entre revisións de «A culpa»
(Nova páxina: "{{Infobox Obra |titulo = '''A culpa''' |foto = Ficheiro:A culpa.jpg |curso = Club de lectura |caracter = Obrigatorio |materia = Literatura galega |departamento = Lingua galega...") |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 14 de xuño de 2023 ás 18:02
A culpa de María Solar, premio Xerais 2022, é unha novela cualificada polos integrantes do Club de lectura do profesorado do IES Aller Ulloa de blockbuster literario de lectura áxil e consumo fácil, de libro magnético que te mantén intrigada dende o inicio, que sorprende páxina a páxina e cun final de grande impacto e inesperado, que atrapa o lector dende a primeira folla esperando resolver unha trama coa culpa como protagonista principal, unha culpa ao lombo que Marcela só quere traspasar antes de morrer, despregando nas súas páxinas unha crúa denuncia da condición humana sometida aos vaivéns da violencia de xénero da que son vítimas dúas mulleres, Mirta e Marcela, protagonistas dunha dupla historia estruturada en espiral (Amanda, o diario de Mirta e de novo Amanda) que conclúe nun final que non deixa indiferente. Tampouco faltan doses de crueza moral e de compaixón cara ás vítimas, convertidas en xuízas ou xusticeiras, resultando daquela un produto literario que vai turrando de nós con suma sensibilidade.
Índice
Departamento de Lingua galega e Literatura e Club de Lectura
Tratamento previo: Información sobre a novela.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura e análise literaria.
Avaliación: Debate aberto.
Contidos transversais: .
Outros de departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- SOLAR,María: A Culpa. Xerais. Vigo: 2022. -334 p.; 23 cm. (Xerais Narrativa; 501) ISBN 978-84-1110-177-6 6 exemplares.
Notas
Ligazóns
De elaboración propia
Guía de lectura de A culpa