Diferenzas entre revisións de «A esmorga»

De Wiki Aller
Liña 42: Liña 42:
 
=== Ligazóns externas ===
 
=== Ligazóns externas ===
  
[https://gl.wikipedia.org/wiki/A_esmorga A esmorga] : Aproximación á novela ''A esmorga'' na Galipedia
+
[https://gl.wikipedia.org/wiki/A_esmorga ''A esmorga''] : Aproximación á novela ''A esmorga'' na Galipedia
  
[https://docs.google.com/file/d/0B1XDJFSsQhXfUHQtWVUyYU5DeEE/view A esmorga en pdf] : ''A esmorga'' na rede, versión en pdf
+
[https://docs.google.com/file/d/0B1XDJFSsQhXfUHQtWVUyYU5DeEE/view ''A esmorga'' en pdf] : ''A esmorga'' na rede, versión en pdf
  
 
[https://gl.wikipedia.org/wiki/Eduardo_Blanco_Amor Edurado Blanco Amor na Galipedia] : Blanco Amor na Galipedia
 
[https://gl.wikipedia.org/wiki/Eduardo_Blanco_Amor Edurado Blanco Amor na Galipedia] : Blanco Amor na Galipedia
  
[https://www.youtube.com/watch?v=Wekf3PRaR6E A esmorga, versión Sarabela Teatro] : ''A esmorga'' adaptación teatral de Sarabela Teatro
+
[https://www.youtube.com/watch?v=Wekf3PRaR6E A ''esmorga'', versión Sarabela Teatro] : ''A esmorga'' adaptación teatral de Sarabela Teatro
  
 
[http://aesmorga.gal/ Web oficial da película] : Web oficial do filme ''A esmorga''  
 
[http://aesmorga.gal/ Web oficial da película] : Web oficial do filme ''A esmorga''  

Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2017 ás 19:31

A esmorga
miniatura da obra
Curso
2º BAC
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e Literatura II
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización
Xaneiro-Febreiro


A esmorga, novela tremendista e de percorrido labiríntico, ábrese cunha “Documentación” inicial na que un narrador omnisciente nos informa, partindo de diversos testemuños, dos sucesos ocorridos durante un día de esmorga aos tres protagonistas da mesma (o Milhomes, o Bocas e o Castizo, caracterizados a través das súas falas e comportamentos) e o seu tráxico final, no marco da cidade de Auria (Ourense), durante a Restauración monárquica no século XIX (contra 1870). O corpo da novela está formado por cinco capítulos, que recollen as declaracións feitas polo reo Cibrán, o Castizo (a xeito de monólogo) perante un xuíz do que non se rexistran as súas palabras (técnica telefónica); aquel nárranos os violentos sucesos acaecidos durante a esmorga (asasinato do Bocas a man do Milhomes, morte deste e a súa detención pola Garda Civil); reflectíndonos unha sociedade machista con transfundo matriarcal, na que a visión da muller nos é mostrada por Cibrán ligada a un atávico concepto do sexo. Alén diso, adversa climatoloxía crea unha atmosfera fría e fantasmagórica, tendo como resultado o desacougo do protagonista Cibrán e o seu desexo de fuxida, frustrado polo carácter teimudo do Bocas. A novela conclúe cun epílogo no que reaparece o narrador (un “estudante” que investiga o caso), cunha omnisciencia editorial para darnos conta da fin de Cibrán, o Castizo.


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Introdución xeral á narrativa do exilio e de posguerra.

Obxectivos: Lectura e análise literaria.

Avaliación: recensión da novela.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.


Outros de departamentos

MM

Número de exemplares na Biblioteca

  • BLANCO AMOR, Eduardo: A esmorga. --Vigo:Galaxia, 1978. --142 p. ISBN 84-7154-136-X. 5 exemplares


Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

A esmorga : Aproximación á novela A esmorga na Galipedia

A esmorga en pdf : A esmorga na rede, versión en pdf

Edurado Blanco Amor na Galipedia : Blanco Amor na Galipedia

A esmorga, versión Sarabela Teatro : A esmorga adaptación teatral de Sarabela Teatro

Web oficial da película : Web oficial do filme A esmorga

Trailer : Tariler oficial da película