Diferenzas entre revisións de «Historias para calquera lugar»

De Wiki Aller
(Nova páxina: "{{Infobox Obra |titulo = '''Historias para calquera lugar''' |foto = [] |curso = 2º de ESO |caracter = Obrigatorio |materia = Lingua galega e Literatura 2º |departamento = Lingu...")
 
Liña 1: Liña 1:
 
{{Infobox Obra
 
{{Infobox Obra
 
|titulo = '''Historias para calquera lugar'''
 
|titulo = '''Historias para calquera lugar'''
|foto = []
+
|foto = Historias_para_calquera_lugar.jpg
 
|curso = 2º de ESO
 
|curso = 2º de ESO
 
|caracter = Obrigatorio
 
|caracter = Obrigatorio

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2016 ás 17:37

Historias para calquera lugar
miniatura da obra
Curso
2º de ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e Literatura 2º
Departamento
Lingua galega e Literatura
Temporalización
1ª, 2ª e 3ª avaliación


Historias para calquera lugar é un libro colectivo da colección Merlín, conmemorativo da publicación do seu número 100. Son cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, que nos mergullan nun remuíño de intriga, humor e emoción. N’A muller prohibida, An Alfaya ofrécenos un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido. N’A primeira aventura de Sheila e Said, Ramón Caride regálanos un relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria, na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan. N’As sombras do faro, Agustín Fernández Paz achéganos un estarrecedor relato de terror e intriga, coa presenza das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente, rememorando as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentía por visitar o outeiro do faro, espazo tabú, que agocha unha historia de “paseados” na Guerra Civil... En Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira, Xabier P. Docampo escribe un conto cheo de humor, no que ao seu protagonista, Silvano, lle mudou a vida cando caeu dunha cerdeira. O golpe faralle expresarse nunha lingua que non entende ninguén. N’A seita do can, Miguel Vázquez Freire recrea unha distopía na que Ax e Alf, os seus protagonistas, procuran localizar o xefe da seita do can, dedicada esta a intervir reiteradamente en pantallas públicas e privadas con mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Única Universal (OUU).




Departamento de Lingua galega e Literatura

Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.

Avaliación: Debate aberto. Control escrito.

Contidos transversais: .

Outros de departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • VV.AA.: Historias para calquera lugar. Xerais. Vigo: 2003. -222 p.; 19 cm. (Merlín; 102) ISBN 84-8302-626-0 6 exemplares.

Notas

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Proxecto de lectura de Xerais