Diferenzas entre revisións de «Funambulistas»

De Wiki Aller
 
Liña 34: Liña 34:
  
 
=== De elaboración propia ===
 
=== De elaboración propia ===
[http://www.edu.xunta.es/centros/iesallerulloa/system/files/Gu%C3%ADa%20Funambulistas_0.pdf] Guía de lectura] de Funambulistas
+
[http://www.edu.xunta.es/centros/iesallerulloa/system/files/Gu%C3%ADa%20Funambulistas_0.pdf Guía de Lectura de Funambulistas]
  
  

Revisión actual feita o 9 de xuño de 2016 ás 20:01

Funambulistas
miniatura da obra
Curso
4º ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 4º
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización


Mercedes Leobalde amósanos nos vinte e cinco relatos de Funambulistas que vivir é camiñar pola corda frouxa da existencia. En palabras de Manuel Bragado, Funambulistas "denuncia un tempo de desigualdade e violencia cos humildes, sobre todo coas mulleres, mais no que é posible enxergar a esperanza e o inconformismo ganduxado cos fíos dun humor moi sutil e da proximidade do cotián". A obra, gañadora do XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, fía unha serie de relatos "inesquecibles pola potencia da súa brevidade" que van adqurindo unha forte dose novelada envurullada entre o conflito da inestabilidade e a procura de acougo emocional. "Non é casual -como sinala de novo Manuel Bragado- que nun dos relatos, «Declaración de amor do xadrecista», a voz narradora diga: Porque todos somos funambulistas nesta vida, pero a vós me enfronto, case infecta, porque asumo que nalgún momento da partida, se esta paga a pena, a guerra a grande escala é inevitable. Unha frase de “espírito funambulista"...


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Introdución xeral á narrativa fantástica. Lectura comprensiva na clase.

Obxectivos: Lectura connotativa e análise literaria.

Avaliación: Análise expositiva e argumentativa.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.


Outros de departamentos

MM

Número de exemplares na Biblioteca

  • LEOBALDE, Mercedes: Funambulistas. --Vigo :Xerais, 2015. --110 p.; 21 cm.-- (Narrativa) ISBN 978-84-9914-823-6. 4 exemplares

Ligazóns

De elaboración propia

Guía de Lectura de Funambulistas


Ligazóns externas

Mercedes Leobalde na Galipedia, unha achega á súa obra.