Diferenzas entre revisións de «Memorias dun neno labrego»

De Wiki Aller
Liña 47: Liña 47:
  
 
=== De elaboración propia ===
 
=== De elaboración propia ===
 
+
[[http://wiki.iesallerulloa.es/images/6/64/Memorias_dun_neno_labrego.pdf Guía de lectura]] de Memorias dun neno labrego
  
 
=== Ligazóns externas ===
 
=== Ligazóns externas ===

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2012 ás 19:34

Memorias dun neno labrego
[[Image:|230|miniatura da obra]]
Curso
3º de ESO
Carácter
Opción en listaxe obrigatoria
Materia
Lingua galega e literatura
Departamento
Departamento de lingua galega e literatura
Temporalización


“Eu son... Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais pobre...”. Así principia Memorias dun neno labrego (1960) de Xosé Neira Vilas. Trátase dunha novela que se desenvolve arredor dunha serie de temas estruturados en torno á realidade social do campesiñado galego da época, vistos desde unha óptica infantil, como: a conciencia de clase que nos é amosada a través dunha dobre realidade antagónica, a aldea fronte á cidade, Balbino e Manolito exemplifícana á perfección; a extrema relixiosidade das aldeas, coa rigorosa presenza do loito, en contraposición co Entroido; a emigración que asoma como unha clara limitación para o mundo dos nenos, só reservada ao mundo dos maiores; as ilusións da nenez, vinculadas á amizade de Balbino con Pachín e con Lelo, ás romarías ou ao posterior rebusque; a marxinación do idioma galego, claramente presente na escola; o culto á morte, así como a tradición dos velorios; a presenza dunha madurez temperá, reafirmada co seu primeiro emprego, sancristán, ou as perspectivas de futuro, co xuramente de querer ser alguén o día de mañá; o espírito rebelde ante a pobreza e as inxustizas en xeral, o que deixa translucir un fondo realismo crítico.



Departamento de Lingua e Literatura galegas

Carácter / nivel : Obrigatorio / 3º ESO

Tempo: 3º trimestre

Tratamento previo: Introdución xeral á época. Debate na aula.

Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.

Avaliación: Control escrito.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.

Contidos transversais:


Outros de departamentos

MM


Número de exemplares na Biblioteca

NEIRA VILAS, Xosé: Memorias dun neno labrego. -A Coruña : 2005 (24ª edición). -187 p.; 18 cm. (Ediciós do Castro. -Narrativa) ISBN 84-8485-126-5: 8 exemplares

Ligazóns

De elaboración propia

[Guía de lectura] de Memorias dun neno labrego

Ligazóns externas

As Memorias na Galipedia

Xosé Neira Vilas na Galipedia

Neira Vilas na BVG

Neira Vilas na AELG

Fundación Xosé Neira Vilas