Diferenzas entre revisións de «Ilíada»
De Wiki Aller
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Infobox Obra | {{Infobox Obra | ||
|titulo = Ilíada | |titulo = Ilíada | ||
− | |foto = | + | |foto = |
|curso = 2º de bacharelato | |curso = 2º de bacharelato | ||
|caracter = Obrigatorio | |caracter = Obrigatorio | ||
Liña 23: | Liña 23: | ||
− | + | [[Ficheiro:Beginning_Iliad.jpg|right|250px|Primeiros versos da ''Ilíada''.]] | |
Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2011 ás 17:24
Ilíada
[[Image:|230|miniatura da obra]]
Curso
2º de bacharelato
Carácter
Obrigatorio
Materia
Grego II
Departamento
Grego
Temporalización
1ª avaliación
Nesta obra, que a tradición atribúe a un poeta cego chamado Homero, podemos asistir a un episodio da guerra de Troia, que, ao final da época micénica terían levado a cabo unha coalición de reis gregos contra a cidade asiática de Troia. Os acontecementos que nos contan nela ocorren en nove días, que nin sequera son os últimos da guerra. Hai que ter en conta que o chamado Ciclo Troiano, ou sexa, todas as historias que xiran arredor desa guerra, os seus antecedentes, o seu desenvolvemento e as consecuencias dela, deron para moitas obras da literatura tanto grega como posterior, mesmo na actualidade.
Non está prohibido ler a obra enteira, pero o que será esixido é a lectura dos cantos I, VI, XVI e XXII. Aquí tedes un pequeno resumo deles:
- Canto I: É o décimo ano da guerra de Troia. Aquiles e Agamenón incomódanse debido a disputa sobre unha xove cativa.
- Canto VI: Heitor retorna a Troia para pedir que se tente acalmar a Palas Atenea. Encóntrase con esposa e fillo e retorna á batalla xunto ao seu irmán Paris.
- Canto XVI: Patroclo pídelle a armadura a Aquiles e permiso para entrar na loita. Aquiles concede, porén Patroclo é morto por Heitor.
- Canto XXII: Aquiles bátese en duelo con Heitor e mátao. A seguir, deshonra o seu cadáver, arrastrándoo ao campamento grego.
Índice
Departamento de Grego
- Tratamento previo: Introdución ás historias sobre Troia, o período micénico e a súa caída, os hititas,...
- Obxectivos: Dar atrapado o espírito heroico que move a obra, a ἀρετή e a poesía épica.
- Avaliación: Unha pregunta no exame de avaliación.
- Contidos curriculares: a poesía épica, os dialectos gregos.
- Contidos transversais: As diferenzas culturais.
Outros departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- SELA, Evaristo de (1990): A Ilíada. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. 1 exemplar.
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
- Aquí tedes cousas sobre a Ilíada na Galipedia.
- Nesta páxina brasileira podedes atopar cousas sobre a Ilíada e, en xeral, sobre Grecia e o seu mundo.