Diferenzas entre revisións de «Ilíada»
(→Ligazóns) |
(→Ligazóns externas) |
||
Liña 52: | Liña 52: | ||
*Aquí tedes cousas sobre a ''Ilíada'' na [http://gl.wikipedia.org/wiki/Il%C3%ADada Galipedia]. | *Aquí tedes cousas sobre a ''Ilíada'' na [http://gl.wikipedia.org/wiki/Il%C3%ADada Galipedia]. | ||
+ | *[http://greciantiga.org/arquivo.asp?num=0387 Nesta páxina brasileira] podedes atopar cousas sobre a ''Ilíada'' e, en xeral, sobre Grecia e o seu mundo. |
Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2011 ás 11:42
Nesta obra, que a tradición atribúe a un poeta cego chamado Homero, podemos asistir a un episodio da guerra de Troia, que, ao final da época micénica terían levado a cabo unha coalición de reis gregos contra a cidade asiática de Troia. Os acontecementos que nos contan nela ocorren en nove días, que nin sequera son os últimos da guerra. Hai que ter en conta que o chamado Ciclo Troiano, ou sexa, todas as historias que xiran arredor desa guerra, os seus antecedentes, o seu desenvolvemento e as consecuencias dela, deron para moitas obras da literatura tanto grega como posterior, mesmo na actualidade.
Non está prohibido ler a obra enteira, pero o que será esixido é a lectura dos cantos I, VI, XVI e XXII. Aquí tedes un pequeno resumo deles:
- Canto I: É o décimo ano da guerra de Troia. Aquiles e Agamenón se desentenden debido a disputa sobre unha xove cativa
- Canto VI: Heitor retorna a Troia para pedir que se tente acalmar a Palas Atenea. Encóntrase con esposa e fillo e retorna á batalla xunto ao seu irmán Paris.
- Canto XVI: Patroclo pide a armadura a Aquiles e permiso para entrar na loita. Aquiles concede, porén Patroclo é morto por Heitor.
- Canto XXII: Aquiles bátese en duelo con Heitor e mátao. A seguir, deshonra o seu cadáver, arrastrándoo ao campamento grego.
Índice
Departamento de Grego
- Tratamento previo: Introdución ás historias sobre Troia, o período micénico e a súa caída, os hititas,...
- Obxectivos: Dar atrapado o espírito heroico que move a obra, a ἀρετή e a poesía épica.
- Avaliación: Unha pregunta no exame de avaliación.
- Contidos curriculares: a poesía épica, os dialectos gregos.
- Contidos transversais: As diferenzas culturais.
Outros departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
SELA, EVARISTO DE (1990): A Ilíada. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. 1 exemplar.
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
- Aquí tedes cousas sobre a Ilíada na Galipedia.
- Nesta páxina brasileira podedes atopar cousas sobre a Ilíada e, en xeral, sobre Grecia e o seu mundo.