Diferenzas entre revisións de «Cousas»
Liña 8: | Liña 8: | ||
|temporalización = 2ªavaliación | |temporalización = 2ªavaliación | ||
}} | }} | ||
− | ''' | + | En '''Cousas''', '''Castelao''' realiza unha fonda análise da problemática social e económica da Galiza do primeiro terzo do século XX, para iso o autor sérvese dunha presenza coral de personaxes arquetípicos, que nos máis dos relatos representan a aqueles sectores sociais máis marxinados: anciás en soidade, xentes mergulladas na miseria, vellos que reflicten con crueldade o paso do tempo, mariñeiros curtidos polo duro traballo no mar, cegos, emigrantes... Cada cousa está ambientada por unha ilustración que representa con gran realismo dramático os diferentes asuntos desenvolvidos nos relatos. Polo xeral, estes últimos recrean unha temática de ambiente labrego ou mariñeiro, con gran sincretismo, seguindo unha técnica narrativa semellante á emprega por Castelao nos seus debuxos: información clara que procura á achega connotativa por parte do lector que debe ser que de formular suxestións. Esta fórmula orixinal acada en ocasións un notorio lirismo. |
+ | |||
+ | Secasí que a cousa constitúe en si mesma un estilema, pois percorre toda a súa narrativa, até o punto de podermos establecer un certo paralelismo canto á estrutura con ''Retrincos'' e, en parte, con ''Un ollo de vidro'' ou ''Os dous de sempre'', obras as tres que semellan unha compilación de cousas. | ||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2011 ás 17:50
En Cousas, Castelao realiza unha fonda análise da problemática social e económica da Galiza do primeiro terzo do século XX, para iso o autor sérvese dunha presenza coral de personaxes arquetípicos, que nos máis dos relatos representan a aqueles sectores sociais máis marxinados: anciás en soidade, xentes mergulladas na miseria, vellos que reflicten con crueldade o paso do tempo, mariñeiros curtidos polo duro traballo no mar, cegos, emigrantes... Cada cousa está ambientada por unha ilustración que representa con gran realismo dramático os diferentes asuntos desenvolvidos nos relatos. Polo xeral, estes últimos recrean unha temática de ambiente labrego ou mariñeiro, con gran sincretismo, seguindo unha técnica narrativa semellante á emprega por Castelao nos seus debuxos: información clara que procura á achega connotativa por parte do lector que debe ser que de formular suxestións. Esta fórmula orixinal acada en ocasións un notorio lirismo.
Secasí que a cousa constitúe en si mesma un estilema, pois percorre toda a súa narrativa, até o punto de podermos establecer un certo paralelismo canto á estrutura con Retrincos e, en parte, con Un ollo de vidro ou Os dous de sempre, obras as tres que semellan unha compilación de cousas.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Tratamento previo: Introdución xeral á linguaxe teatral. Lectura dramatizada na clase.
Obxectivos: Lectura e análise literaria.
Avaliación: Análise dun fragmento.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Outros de departamentos
MM
Número de exemplares na Biblioteca
- CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Cousas /Alfonso R. Castelao ; edición de Manuel Rosales. --Vigo : Galaxia. --122 p. : il.; 20 cm. --Literaria; 13. ISBN 84-8288-781-5. 6 exemplares
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
Castelao : Magnífica aproximación a Castelao na Galipedia
Ilustracións de Cousas Dixitalización dos debuxos orixinais de Castelao para as Cousas no Museo de Pontevedra.