Diferenzas entre revisións de «Penúltimas tendencias»
(→Ligazóns externas) |
|||
Liña 63: | Liña 63: | ||
=== Ligazóns externas === | === Ligazóns externas === | ||
− | * | + | *[http://montsedopico.com/entrevistas/ hai-un-mercado-especializado-que-vai-pautando-o-que-mozas-deben-comprar-vestir-pensar/], entrevista con Carlos Negro |
*[http://www.scribd.com/doc/222940683/ Penultimas-tendencias#scribd] traballo realizado no IES Colmeiro | *[http://www.scribd.com/doc/222940683/ Penultimas-tendencias#scribd] traballo realizado no IES Colmeiro | ||
− | * | + | *[http://gl.wikipedia.org/wiki/ Carlos_Negro] na Galipedia |
[[categoría:3º de ESO]] [[Categoría:3º PMAR]] [[categoría:Departamento de lingua galega e literatura]] [[categoría:Lingua galega e literatura 3º]] [[Categoría:Ámbito lingüístico-social]] | [[categoría:3º de ESO]] [[Categoría:3º PMAR]] [[categoría:Departamento de lingua galega e literatura]] [[categoría:Lingua galega e literatura 3º]] [[Categoría:Ámbito lingüístico-social]] |
Revisión como estaba o 6 de novembro de 2019 ás 10:30
Penúltimas tendencias, libro no que Carlos Negro afonda na literatura xuvenil a través neste caso non do mozo-máquina de Makinaria senón da moza-obxecto, para denunciar os roles estereotipados que a sociedade asume como algo normal. Esta moza, como sinala Montse Dopico, rebélase contra a ditadura do fashion, cool, chic e sexy; do dogma do sempre guapa e perfecta, como mandan as revistas de moda. Mais tampouco se salva das contradicións, da atracción por aquilo que marca a pertenza ao grupo. O tema sérvelle a Carlos Negro para advertir dos perigos dun determinado canon de beleza realmente ficticio e para reproducir os roles tradicionais que manteñen as mulleres presas de ilusións imposíbeis. Suxeitas a tópicos que poden mesmo agochar os malos tratos.
Sen dúbida ningunha, poesía do coñecemento e experimental de carácter cívico, na que reflexiona sobre a mocidade adolescente, a través dun rexistro lingüístico de estética naïf.
En conclusión, tanto Makinaria como Penúltimas tendencias supoñen un refacho de aire fresco. Unha forma moi directa de achegar a mocidade ao mundo da poesía.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Carácter / nivel : Obrigatorio / 3º ESO
Tempo: 2º trimestre
Tratamento previo: Contextualización. Guía de lectura.
Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.
Avaliación: Control escrito e oral.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Contidos transversais: A adolescencia.
Ámbito lingüístico-social de 3º PMAR
Carácter / nivel : Obrigatorio / 3º ESO
Tempo: 2º trimestre
Tratamento previo: Contextualización. Guía de lectura.
Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.
Avaliación: Control oral.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Contidos transversais: A adolescencia.
Número de exemplares na Biblioteca
- NEGRO, Carlos: Penúltimas tendencias. Xerais. Vigo : 2014. -69 p.; 21 cm. (Fóra de xogo; 151.) ISBN 978-84-9914-607-2: 7 exemplares
Ligazóns
De elaboración propia
- Guía de lectura de Makinaria e Penúltimas tendencias
Ligazóns externas
- hai-un-mercado-especializado-que-vai-pautando-o-que-mozas-deben-comprar-vestir-pensar/, entrevista con Carlos Negro
- Penultimas-tendencias#scribd traballo realizado no IES Colmeiro
- Carlos_Negro na Galipedia