Diferenzas entre revisións de «A arte de trobar»
(Nova páxina: "{{Infobox Obra |titulo = '''A arte de trobar''' |foto = O-xardineiro-dos-ingleses.jpg |curso = 1º de Bacharelato |caracter = Obrigatorio |materia = Lingua galega e literatura I...") |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Infobox Obra | {{Infobox Obra | ||
|titulo = '''A arte de trobar''' | |titulo = '''A arte de trobar''' | ||
− | |foto = | + | |foto = A_arte_de_trobar.jpg |
|curso = 1º de Bacharelato | |curso = 1º de Bacharelato | ||
|caracter = Obrigatorio | |caracter = Obrigatorio |
Revisión como estaba o 14 de setembro de 2019 ás 12:02
No blog airadas letras.gala respecto de A arte de trobar de Santiago Lopo, galardoada co Premio Xerais 2017, déitase a seguinte reflexión crítica sobre a novela:
Calquera libro ten un valor intrínseco e estimábel en función do que supón para o mantemento e progreso dunha cultura. Mais esta novela de Santiago Lopo fai diso tese e, sen perder un ápice de narratividade, defende a cultura como alma dun pobo. Para iso dispón dous fíos narrativos, un en Toulouse, onde se atopan o nobre usurpador Guy de Lille e o inquisidor Guillaune Arnaud; e outro itinerante (Xaca, Burgos, Santander) composto por unha troupe de artistas itinerantes (Nuno, Xoán, Manrique, Fadhila, cun mono e un oso) aos que se une Elvira, unha estraña moza que parece fuxir de algo. Situada a trama no conflito das Guerras Albixenses ou Cátaras, Elvira parece unha fuxida albixense mais a troupe de artistas itinerantes non dubidará en axudala permitíndolle viaxar na súa compaña a cambio de cartos. Este é o punto de partida da trama da novela de Santiago Lopo. [...]
Estruturada neses dous fíos narrativos e escrita en capítulos breves, A arte de trobar, Premio Xerais 2017, conta cunha grande axilidade narrativa que en nada estorba para que as personaxes teñan tempo de estaren ben configuradas. Rescata un tempo duro, o das Guerras Cátaras, que supuxo o declive da cultura escrita en lingua de oc, que só a partir dos século XIX coñeceu certa revitalización, e que viña coincidir co período de maior esplendor da cultura galego-portuguesa. Un tempo no que se reconfigurou o mapa político da Europa do século XIII e avisa do que supón a substitución lingüística como arma política, algo que aínda hoxe padecemos os galegos e que está lonxe de ser superado. [...]
Elvira leva oculto un códice, a caza de Elvira, prioritaria para o inquisidor Guillaume Arnaud e para o nobre usurpador Guy de Lille, por iso foxe. Por outro lado a troupe intinerante diríxese a Burgos, onde terán lugar unhas vodas reais e se supón que achará público para o seu espectáculo. As dúas liñas temáticas están condenadas a atoparse, e así o farán, no que supón o sorpresivo remate da novela, cando saibamos o tipo de códice que Elvira leva oculto e como consegue salvalo. Nin que dicir ten que incorpora cantares en galego e en occitano, ofrecendo un fresco da convivencia e encontro das culturas galega e occitana así como da vida dos trobadores que ían ofrecendo os seus espectáculos polos camiños adiante. A novela, puntualmente, ten tempo para o encontro amoroso ou o humor, mais só puntualmente pois a súa finalidade, como quedou dito, é outra ben diferente.
Índice
Departamento de Lingua galega e Literatura
Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.
Avaliación: Debate aberto. Control escrito.
Contidos transversais: .
Outros de departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- LOPO,Santiago: A arte de trobar. Xerais. Vigo: 2017. -217 p.; 21 cm. (Narrativa; 416) ISBN 978-84-9121-273-7 4 exemplares.
Notas
Ligazóns
De elaboración propia
[En preparación a Guía de lectura] de A arte de trobar"