Diferenzas entre revisións de «Historias para calquera lugar»

De Wiki Aller
Liña 58: Liña 58:
  
  
[[categoría:2º de ESO]] [[categoría:Departamento de lingua galega e literatura]] [[categoría:Lingua galega e literatura 2º]]
+
 
[[Categoría:Obrigatorio]]
 
 
[[Categoría:Formatolibro]]
 
[[Categoría:Formatolibro]]

Revisión como estaba o 24 de outubro de 2017 ás 13:46

Historias para calquera lugar
miniatura da obra
Curso
2º de ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e Literatura 2º
Departamento
Lingua galega e Literatura
Temporalización
1ª, 2ª e 3ª avaliación


Historias para calquera lugar é un libro colectivo da colección Merlín, conmemorativo da publicación do seu número 100. Son cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, que nos mergullan nun remuíño de intriga, humor e emoción.

N’A muller prohibida, An Alfaya ofrécenos un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido.

N’A primeira aventura de Sheila e Said, Ramón Caride regálanos un relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria, na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.

N’As sombras do faro, Agustín Fernández Paz achéganos un estarrecedor relato de terror e intriga, coa presenza das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente, rememorando as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentía por visitar o outeiro do faro, espazo tabú, que agocha unha historia de “paseados” na Guerra Civil...

En Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira, Xabier P. Docampo escribe un conto cheo de humor, no que ao seu protagonista, Silvano, lle mudou a vida cando caeu dunha cerdeira. O golpe faralle expresarse nunha lingua que non entende ninguén.

N’A seita do can, Miguel Vázquez Freire recrea unha distopía na que Ax e Alf, os seus protagonistas, procuran localizar o xefe da seita do can, dedicada esta a intervir reiteradamente en pantallas públicas e privadas con mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Única Universal (OUU).




Departamento de Lingua galega e Literatura

Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.

Avaliación: Debate aberto. Control escrito.

Contidos transversais: .

Outros de departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • VV.AA.: Historias para calquera lugar. Xerais. Vigo: 2003. -222 p.; 19 cm. (Merlín; 102) ISBN 84-8302-626-0 6 exemplares.

Notas

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Proxecto de lectura de Xerais