Diferenzas entre revisións de «Makinaria»
De Wiki Aller
Liña 37: | Liña 37: | ||
== Ligazóns == | == Ligazóns == | ||
=== De elaboración propia === | === De elaboración propia === | ||
− | [http://www.edu.xunta.es/centros/iesallerulloa/system/files/Gu%C3%ADa%20Makinaria_Pen%C3%BAltimas%20tendencias.pdf]de Makinaria e Penúltimas tendencias | + | [http://www.edu.xunta.es/centros/iesallerulloa/system/files/Gu%C3%ADa%20Makinaria_Pen%C3%BAltimas%20tendencias.pdf Guía de lectura]de Makinaria e Penúltimas tendencias |
=== Ligazóns externas === | === Ligazóns externas === | ||
*[http://papalibros.blogspot.com/2011/05/makinaria.html Blog do IES de Melide onde un grupo de alumnos comentan o que sentiron ao leren esta obra.] | *[http://papalibros.blogspot.com/2011/05/makinaria.html Blog do IES de Melide onde un grupo de alumnos comentan o que sentiron ao leren esta obra.] |
Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2015 ás 10:51
Makinaria
Curso
3ª PDC e 3º ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Ámbito Lingüístico-social e Lingua galega e literatura 3º
Departamento
PDC e Lingua galega e literatura
Temporalización
1ª e 2ª avaliación
velocidade e ao tunning; e tamén por unha certa irreverencia que obriga a eses eu líricos que se condensan nun só (o do mozo que ama as estradas e o risco por enriba de todo) a (con)vivir e negociar con diferentes forzas da colectividade, maiormente coa familia. Esa loita polo poder de decidir vólvese central nun poemario en que a reflexión, ausente nas primeiras partes do mesmo, fire como unha puñada no estómago nas dúas últimas, de singnificativo título: “061” e “Game over”. A conexión co lectorado xuvenil é procurada a través da utilización dunha linguaxe coloquial adolescente e de referentes culturais que se estenden á música (algúns poemas semellan cancións de hip hop, sen esquecer as referencias ao rock máis canónico, como Springsteen, ou as composicións electrónicas de Red Zone), ao cine (“Fast and Furious”) e aos videoxogos (“Need for Speed”, “Power Racing”), sempre perfectamente vinculados co principal alicerce temático da obra. Á fin a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio.
Nesta obra vemos como o poeta nos fai ver o mundo do motor, a gasolina, a velocidade, a présa... entre moitos mozos, que fan destas cousas o motivo da súa vida, pero tamén a causa da súa morte...
Sen dúbida ningunha, poesía do coñecemento e experimental de carácter cívico, na que reflexiona sobre a mocidade adolescente, a través dun rexistro lingüístico de estética naïf.
Índice
Departamento de PDC / Departamento de Lingua galega e literatura
- Tratamento previo: comentario na clase sobre o culto á velocidade, o tunning, os riscos asociados á mocidade, ....
- Obxectivos: Reflexionarmos sobre que todo exceso pode ser nocivo.
- Avaliación: Escrita e oral.
- Contidos curriculares: Análise de textos literarios, a mocidade actual.
- Contidos transversais: Educación vial.
Outros departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- NEGRO, Carlos: Makinaria. Xerais. Vigo: 2009. -77 p.; 21 cm. (Fóra de xogo; 120) ISBN 978-84-9782-553-5 8 exemplares.
Ligazóns
De elaboración propia
Guía de lecturade Makinaria e Penúltimas tendencias