Diferenzas entre revisións de «Makinaria»

De Wiki Aller
Liña 43: Liña 43:
 
*[http://papalibros.blogspot.com/2011/05/makinaria.html Blog do IES de Melide onde un grupo de alumnos comentan o que sentiron ao leren esta obra.]
 
*[http://papalibros.blogspot.com/2011/05/makinaria.html Blog do IES de Melide onde un grupo de alumnos comentan o que sentiron ao leren esta obra.]
 
*Este é unha [http://www.rosasalgueiro.com/libros/LIM/makinariareducida.html guía de lectura] feita por [http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosa_Aneiros Rosa Aneiros].
 
*Este é unha [http://www.rosasalgueiro.com/libros/LIM/makinariareducida.html guía de lectura] feita por [http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosa_Aneiros Rosa Aneiros].
 +
[http://gl.wikipedia.org/wiki/Makinaria] [Makinaria na Galipedia]
 
[[Categoría:PDC 3º]][[Categoría:Departamento de lingua galega e literatura]]
 
[[Categoría:PDC 3º]][[Categoría:Departamento de lingua galega e literatura]]
 
[[Categoría:Obrigatorio]]
 
[[Categoría:Obrigatorio]]

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2015 ás 18:45

Makinaria
miniatura da obra
Curso
3ª PDC e 3º ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Ámbito Lingüístico-social e Lingua galega e literatura 3º
Departamento
{{{departamento}}}
Temporalización
1ª e 2ª avaliación



Makinaria de Carlos Negro, sentenza Edicións Xerais, é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. O libro, tal e como sinala Montse Pena Presas, convida a reflexionar sobre o excesivo e inconsciente culto que a mocidade lle ten á velocidade e ao tunning; e tamén por unha certa irreverencia que obriga a eses eu líricos que se condensan nun só (o do mozo que ama as estradas e o risco por enriba de todo) a (con)vivir e negociar con diferentes forzas da colectividade, maiormente coa familia. Esa loita polo poder de decidir vólvese central nun poemario en que a reflexión, ausente nas primeiras partes do mesmo, fire como unha puñada no estómago nas dúas últimas, de singnificativo título: “061” e “Game over”. A conexión co lectorado xuvenil é procurada a través da utilización dunha linguaxe coloquial adolescente e de referentes culturais que se estenden á música (algúns poemas semellan cancións de hip hop, sen esquecer as referencias ao rock máis canónico, como Springsteen, ou as composicións electrónicas de Red Zone), ao cine (“Fast and Furious”) e aos videoxogos (“Need for Speed”, “Power Racing”), sempre perfectamente vinculados co principal alicerce temático da obra. Á fin a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio.

Nesta obra imos ver como o poeta nos fai ver o mundo do motor, a gasolina, a velocidade, a présa... entre moitos mozos, que fan destas cousas o motivo da súa vida, pero tamén a causa da súa morte...

Sen dúbida ningunha, poesía do coñecemento e experimental de carácter cívico, na que reflexiona sobre a mocidade adolescente, a través dun rexistro lingüístico de estética naïf.


Departamento de PDC == == Departamento de Lingua galega e literatura

  • Tratamento previo: comentario na clase sobre o culto á velocidade, o tunning, os riscos asociados á mocidade, ....
  • Obxectivos: Reflexionarmos sobre que todo exceso pode ser nocivo.
  • Avaliación: Escrita e oral.
  • Contidos curriculares: Análise de textos literarios, a mocidade actual.
  • Contidos transversais: Educación vial.

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • NEGRO, Carlos (2009): Makinaria. Xerais. Vigo. 8 exemplares.

Ligazóns

De elaboración propia

En preparación

Ligazóns externas

[1] [Makinaria na Galipedia]