Diferenzas entre revisións de «Penúltimas tendencias»

De Wiki Aller
Liña 44: Liña 44:
  
 
=== De elaboración propia ===
 
=== De elaboración propia ===
 
+
En preparación
  
 
=== Ligazóns externas ===
 
=== Ligazóns externas ===

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2015 ás 17:16

Penúltimas tendencias
miniatura da obra
Curso
3º ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 3º
Departamento
Departamento de lingua galega e literatura
Temporalización


Penúltimas tendencias é un poemario de Carlos Negro. A obra, sentenza Edicións Xerais, é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. O libro, tal e como sinala Montse Pena Presas, convida a reflexionar sobre o excesivo e inconsciente culto que a mocidade lle ten á velocidade e ao tunning; e tamén por unha certa irreverencia que obriga a eses eu líricos que se condensan nun só (o do mozo que ama as estradas e o risco por enriba de todo) a (con)vivir e negociar con diferentes forzas da colectividade, maiormente coa familia. Esa loita polo poder de decidir vólvese central nun poemario en que a reflexión, ausente nas primeiras partes do mesmo, fire como unha puñada no estómago nas dúas últimas, de singnificativo título: “061” e “Game over”. A conexión co lectorado xuvenil é procurada a través da utilización dunha linguaxe coloquial adolescente e de referentes culturais que se estenden á música (algúns poemas semellan cancións de hip hop, sen esquecer as referencias ao rock máis canónico, como Springsteen, ou as composicións electrónicas de Red Zone), ao cine (“Fast and Furious”) e aos videoxogos (“Need for Speed”, “Power Racing”), sempre perfectamente vinculados co principal alicerce temático da obra. Á fin a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio.

Sen dúbida ningunha, poesía do coñecemento e experimental de carácter cívico, na que Carlos Negro nos fai reflexionar sobre a mocidade adolescente, a través dun rexistro lingüístico de estética naïf.




Departamento de Lingua e Literatura galegas

Carácter / nivel : Obrigatorio / 3º ESO

Tempo: 2º trimestre

Tratamento previo: Contextualización. Guía de lectura.

Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.

Avaliación: Control escrito e oral.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.

Contidos transversais: A adolescencia.


Número de exemplares na Biblioteca

NEGRO, Carlos: Penúltimas tendencias. -Vigo : 2014. -69 p.; 21 cm. (Fóra de xogo; 151.) ISBN 978-84-9914-607-2: ? exemplares

Ligazóns

De elaboración propia

En preparación

Ligazóns externas

[hai-un-mercado-especializado-que-vai-pautando-o-que-mozas-deben-comprar-vestir-pensar/], entrevista con Carlos Negro

Penultimas-tendencias#scribd traballo realizado no IES Colmeiro

[Carlos_Negro] na Galipedia