Diferenzas entre revisións de «Memorias dun neno labrego»
Liña 57: | Liña 57: | ||
[http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor258&alias=xose-neira-vilas Neira Vilas na AELG] | [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor258&alias=xose-neira-vilas Neira Vilas na AELG] | ||
+ | |||
+ | [http://www.fundacionxoseneiravilas.com/portada.php Fundación Xosé Neira Vilas] | ||
[[categoría:3º de ESO]] [[categoría:Departamento de lingua galega e literatura]] [[categoría:Lingua galega e literatura]] | [[categoría:3º de ESO]] [[categoría:Departamento de lingua galega e literatura]] [[categoría:Lingua galega e literatura]] | ||
[[Categoría:Lectura obrigatoria]] | [[Categoría:Lectura obrigatoria]] | ||
[[Categoría:Formatolibro]] | [[Categoría:Formatolibro]] |
Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2012 ás 19:24
“Eu son... Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais pobre...”. Así principia Memorias dun neno labrego (1960) de Xosé Neira Vilas. Trátase dunha novela que se desenvolve arredor dunha serie de temas estruturados en torno á realidade social do campesiñado galego da época, vistos desde unha óptica infantil, como: a conciencia de clase que nos é amosada a través dunha dobre realidade antagónica, a aldea fronte á cidade, Balbino e Manolito exemplifícana á perfección; a extrema relixiosidade das aldeas, coa rigorosa presenza do loito, en contraposición co Entroido; a emigración que asoma como unha clara limitación para o mundo dos nenos, só reservada ao mundo dos maiores; as ilusións da nenez, vinculadas á amizade de Balbino con Pachín e con Lelo, ás romarías ou ao posterior rebusque; a marxinación do idioma galego, claramente presente na escola; o culto á morte, así como a tradición dos velorios; a presenza dunha madurez temperá, reafirmada co seu primeiro emprego, sancristán, ou as perspectivas de futuro, co xuramente de querer ser alguén o día de mañá; o espírito rebelde ante a pobreza e as inxustizas en xeral, o que deixa translucir un fondo realismo crítico.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Carácter / nivel : Obrigatorio / 3º ESO
Tempo: 3º trimestre
Tratamento previo: Introdución xeral á época. Debate na aula.
Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.
Avaliación: Control escrito.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Contidos transversais:
Outros de departamentos
MM
Número de exemplares na Biblioteca
NEIRA VILAS, Xosé: Memorias dun neno labrego. -A Coruña : 2005 (24ª edición). -187 p.; 18 cm. (Ediciós do Castro. -Narrativa) ISBN 84-8485-126-5: 8 exemplares