Diferenzas entre revisións de «Senlleiras»
(Non se mostran 5 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.) | |||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Infobox Obra | {{Infobox Obra | ||
|titulo = '''Senlleiras''' | |titulo = '''Senlleiras''' | ||
− | |foto = | + | |foto = Senlleiras.jpg |
− | |curso = 1º de Bacharelato | + | |curso = 1º de Bacharelato e Club de Lectura |
|caracter = Obrigatorio | |caracter = Obrigatorio | ||
|materia = Lingua galega e literatura I | |materia = Lingua galega e literatura I | ||
Liña 44: | Liña 44: | ||
=== De elaboración propia === | === De elaboración propia === | ||
− | [ | + | [http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Gu%C3%ADa%20Senlleiras.pdf Guía de lectura] de ''Senlleiras'' |
=== Ligazóns externas === | === Ligazóns externas === |
Revisión actual feita o 25 de febreiro de 2021 ás 18:26
En Senlleiras de Antía Yáñez, Premio Illa Nova de Narrativa 2018, abórdase, desde as primeiras páxinas, un obxectivo moi diáfano como é o de evidenciar e denunciar, a través dun exercicio de ficción, as secuelas que xera a violencia machista, onte e hoxe. Para iso Yáñez bota man de xéneros diferentes cos que esta literatura realista se enriquece como son, por exemplo, trazos da novela detectivesca pois o argumento parte da morte dunha influencer e, en boa medida, o seu desenvolvemento procura atopar unha explicación á súa estraña desaparición. Ao tempo hai espazo para, en certa maneira, incorporar elementos da novela histórica, a través dun argumento parello ao contemporáneo e marcado polos malos tratos, e outros de filiación fantástica ou, se querer, relacionados co ámbito do sobrenatural.Ademais, Senlleiras opta por un xogo heteroxéneo en canto aos puntos de vista narrativos, exhibe un contrapunto atinado na evolución das liñas argumentais e agrega un corpus relevante de textos que van de retallos doutras pezas literarias a outros xornalísticos -moi interesante resulta a recuperación da figura da articulista Corona González-, sen obviar a funcionalidade e importancia que teñen as novas tecnoloxías no ámbito da comunicación interpersoal e colectiva hoxe en día. Apenas, ao meu ver, un elemento pode embazar unha moi digna novela como é a ruptura das convencións lingüísticas adoptadas con normalidade para personaxes que, por unha razón ou outra, non empregan o galego, sospeito que pola intención de verosimilitude, aínda que existen outros recursos. Dun ou doutro xeito Senlleiras é unha novela probablemente necesaria que trata con transparencia e efectividade a vagarosa construción desa arañeira que invisibiliza e anula neste caso a dúas mulleres, pero tamén outras moitas máis. Unha proposta, en fin, necesaria para activar a reivindicación e para concienciar da verdadeira e tráxica dimensión social da violencia machista exercida contras as mulleres Nela fálase de cadeas dunha prisión que non son de ferro: son moito máis sutís e convén coñecelas.
cadernodacritica.wordpress.com
Índice
Departamento de Lingua galega e Literatura
Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.
Avaliación: Debate aberto. Control escrito.
Contidos transversais: .
Outros de departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- YÁÑEZ,Antía: Senlleiras. Galaxia. Vigo: 2018. -353 p.; 21 cm. (Literaria; 373) ISBN 978-84-9151-190-8 5 exemplares.
Notas
Ligazóns
De elaboración propia
Guía de lectura de Senlleiras