Diferenzas entre revisións de «A arte de trobar»
(Non se mostran 9 revisións do historial feitas por 2 usuarios.) | |||
Liña 8: | Liña 8: | ||
|temporalizacion = 1ª avaliación | |temporalizacion = 1ª avaliación | ||
}} | }} | ||
− | No blog ''airadas letras.gal''a respecto de '''''A arte de trobar''''' de '''Santiago Lopo''', galardoada co Premio Xerais 2017, | + | No blog ''airadas letras.gal''a respecto de '''''A arte de trobar''''' de '''Santiago Lopo''', galardoada co Premio Xerais 2017, faise a seguinte reflexión crítica sobre a novela: |
Calquera libro ten un valor intrínseco e estimábel en función do que supón para o mantemento e progreso dunha cultura. Mais esta novela de Santiago Lopo fai diso tese e, sen perder un ápice de narratividade, defende a cultura como alma dun pobo. Para iso dispón dous fíos narrativos, un en Toulouse, onde se atopan o nobre usurpador Guy de Lille e o inquisidor Guillaune Arnaud; e outro itinerante (Xaca, Burgos, Santander) composto por unha troupe de artistas itinerantes (Nuno, Xoán, Manrique, Fadhila, cun mono e un oso) aos que se une Elvira, unha estraña moza que parece fuxir de algo. Situada a trama no conflito das Guerras Albixenses ou Cátaras, Elvira parece unha fuxida albixense mais a troupe de artistas itinerantes non dubidará en axudala permitíndolle viaxar na súa compaña a cambio de cartos. Este é o punto de partida da trama da novela de Santiago Lopo. [...] | Calquera libro ten un valor intrínseco e estimábel en función do que supón para o mantemento e progreso dunha cultura. Mais esta novela de Santiago Lopo fai diso tese e, sen perder un ápice de narratividade, defende a cultura como alma dun pobo. Para iso dispón dous fíos narrativos, un en Toulouse, onde se atopan o nobre usurpador Guy de Lille e o inquisidor Guillaune Arnaud; e outro itinerante (Xaca, Burgos, Santander) composto por unha troupe de artistas itinerantes (Nuno, Xoán, Manrique, Fadhila, cun mono e un oso) aos que se une Elvira, unha estraña moza que parece fuxir de algo. Situada a trama no conflito das Guerras Albixenses ou Cátaras, Elvira parece unha fuxida albixense mais a troupe de artistas itinerantes non dubidará en axudala permitíndolle viaxar na súa compaña a cambio de cartos. Este é o punto de partida da trama da novela de Santiago Lopo. [...] | ||
Estruturada neses dous fíos narrativos e escrita en capítulos breves, A arte de trobar, Premio Xerais 2017, conta cunha grande axilidade narrativa que en nada estorba para que as personaxes teñan tempo de estaren ben configuradas. Rescata un tempo duro, o das Guerras Cátaras, que supuxo o declive da cultura escrita en lingua de oc, que só a partir dos século XIX coñeceu certa revitalización, e que viña coincidir co período de maior esplendor da cultura galego-portuguesa. Un tempo no que se reconfigurou o mapa político da Europa do século XIII e avisa do que supón a substitución lingüística como arma política, algo que aínda hoxe padecemos os galegos e que está lonxe de ser superado. [...] | Estruturada neses dous fíos narrativos e escrita en capítulos breves, A arte de trobar, Premio Xerais 2017, conta cunha grande axilidade narrativa que en nada estorba para que as personaxes teñan tempo de estaren ben configuradas. Rescata un tempo duro, o das Guerras Cátaras, que supuxo o declive da cultura escrita en lingua de oc, que só a partir dos século XIX coñeceu certa revitalización, e que viña coincidir co período de maior esplendor da cultura galego-portuguesa. Un tempo no que se reconfigurou o mapa político da Europa do século XIII e avisa do que supón a substitución lingüística como arma política, algo que aínda hoxe padecemos os galegos e que está lonxe de ser superado. [...] | ||
Liña 45: | Liña 45: | ||
=== De elaboración propia === | === De elaboración propia === | ||
− | [ | + | [http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Gu%C3%ADa%20A%20arte%20de%20trobar.pdf Guía de lectura] de ''A arte de trobar" |
+ | |||
=== Ligazóns externas === | === Ligazóns externas === | ||
− | *[https://gl.wikipedia.org/wiki/Santiago_Lopo] | + | *[https://gl.wikipedia.org/wiki/Santiago_Lopo / Sobre "A arte de trobar"] |
− | *[http://blogs.airadasletras.gal/critica-de-a-arte-de-trobar-santiago-lopo-xerais/] | + | *[http://blogs.airadasletras.gal/critica-de-a-arte-de-trobar-santiago-lopo-xerais// Recensión da novela] |
− | + | [[categoría:Departamento de lingua galega e literatura]] [[categoría:Lingua galega e literatura I]] | |
− | |||
[[Categoría:Obrigatorio]] | [[Categoría:Obrigatorio]] | ||
[[Categoría:Formatolibro]] | [[Categoría:Formatolibro]] | ||
+ | [[Categoría:1º de bacharelato]] |
Revisión actual feita o 14 de novembro de 2020 ás 13:03
No blog airadas letras.gala respecto de A arte de trobar de Santiago Lopo, galardoada co Premio Xerais 2017, faise a seguinte reflexión crítica sobre a novela:
Calquera libro ten un valor intrínseco e estimábel en función do que supón para o mantemento e progreso dunha cultura. Mais esta novela de Santiago Lopo fai diso tese e, sen perder un ápice de narratividade, defende a cultura como alma dun pobo. Para iso dispón dous fíos narrativos, un en Toulouse, onde se atopan o nobre usurpador Guy de Lille e o inquisidor Guillaune Arnaud; e outro itinerante (Xaca, Burgos, Santander) composto por unha troupe de artistas itinerantes (Nuno, Xoán, Manrique, Fadhila, cun mono e un oso) aos que se une Elvira, unha estraña moza que parece fuxir de algo. Situada a trama no conflito das Guerras Albixenses ou Cátaras, Elvira parece unha fuxida albixense mais a troupe de artistas itinerantes non dubidará en axudala permitíndolle viaxar na súa compaña a cambio de cartos. Este é o punto de partida da trama da novela de Santiago Lopo. [...]
Estruturada neses dous fíos narrativos e escrita en capítulos breves, A arte de trobar, Premio Xerais 2017, conta cunha grande axilidade narrativa que en nada estorba para que as personaxes teñan tempo de estaren ben configuradas. Rescata un tempo duro, o das Guerras Cátaras, que supuxo o declive da cultura escrita en lingua de oc, que só a partir dos século XIX coñeceu certa revitalización, e que viña coincidir co período de maior esplendor da cultura galego-portuguesa. Un tempo no que se reconfigurou o mapa político da Europa do século XIII e avisa do que supón a substitución lingüística como arma política, algo que aínda hoxe padecemos os galegos e que está lonxe de ser superado. [...]
Elvira leva oculto un códice, a caza de Elvira, prioritaria para o inquisidor Guillaume Arnaud e para o nobre usurpador Guy de Lille, por iso foxe. Por outro lado a troupe intinerante diríxese a Burgos, onde terán lugar unhas vodas reais e se supón que achará público para o seu espectáculo. As dúas liñas temáticas están condenadas a atoparse, e así o farán, no que supón o sorpresivo remate da novela, cando saibamos o tipo de códice que Elvira leva oculto e como consegue salvalo. Nin que dicir ten que incorpora cantares en galego e en occitano, ofrecendo un fresco da convivencia e encontro das culturas galega e occitana así como da vida dos trobadores que ían ofrecendo os seus espectáculos polos camiños adiante. A novela, puntualmente, ten tempo para o encontro amoroso ou o humor, mais só puntualmente pois a súa finalidade, como quedou dito, é outra ben diferente.
Índice
Departamento de Lingua galega e Literatura
Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.
Avaliación: Debate aberto. Control escrito.
Contidos transversais: .
Outros de departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- LOPO,Santiago: A arte de trobar. Xerais. Vigo: 2017. -217 p.; 21 cm. (Narrativa; 416) ISBN 978-84-9121-273-7 4 exemplares.
Notas
Ligazóns
De elaboración propia
Guía de lectura de A arte de trobar"