Diferenzas entre revisións de «Xa non estou aquí»
(→Ligazóns externas) |
|||
(Non se mostra unha revisión do historial feita polo mesmo usuario.) | |||
Liña 40: | Liña 40: | ||
=== De elaboración propia === | === De elaboración propia === | ||
− | Guía de lectura de ''Xa non estou aquí'' | + | [http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Xa%20non%20estou%20aqu%C3%AD.pdf Guía de lectura] de ''Xa non estou aquí'' |
=== Ligazóns externas === | === Ligazóns externas === |
Revisión actual feita o 11 de xaneiro de 2018 ás 17:46
Xa non estou aquí a primeira novela de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016, conforma unha achega sociolóxica ao complexo mundo da adolescencia, enmarcado na conflitiva desaparición da súa protagonista adolescente. A historia, chea de verosimilitude e transparencia, amósanos de xeito fragmentario e áxil o conflitivo mundo da súa protagonista, Ánxela, quen se converte en símbolo desa encrucillada que por veces se presenta nun momento difícil da vida. As vivencias e experiencias que se relatan e contrastan, os puntos de vista por veces encontrados pero reveladores, van construíndo un mundo de ficción que se alicerza nunhas engaiolantes páxinas iniciais onde se sobrevoan espazos e presenzas por alguén ausente que, xustamente, vai outorgarlle sentido á propia novela, a través dun forte sentimento cheo de emotividade para afondar, xustamente, nos límites da existencia cando se procura un espazo propio e se cuestionan, nunha época de construción, os signos da propia identidade, onde nace o medo a asomarse ao que hai máis alá do coñecido (tal e como se deita en cadernodacritica.wordpress.com).
Índice
Departamento de Lingua galega e Literatura
Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.
Avaliación: Debate aberto. Control escrito.
Contidos transversais: .
Outros de departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- MISA,Iria: Xa non estou aquí. Xerais. Vigo: 2016. -211 p.; 21 cm. (Fóra de xogo; 167) ISBN 978-84-9121-103-7 6 exemplares.
Notas
Ligazóns
De elaboración propia
Guía de lectura de Xa non estou aquí