Diferenzas entre revisións de «A sombra cazadora»
(Non se mostran 3 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.) | |||
Liña 8: | Liña 8: | ||
|temporalización = 2ªavaliación | |temporalización = 2ªavaliación | ||
}} | }} | ||
− | '''Suso de Toro''' | + | '''Suso de Toro''' na distopía '''''A sombra cazadora''''' preséntanos a historia de dous irmáns que viven co seu pai, un comunicador, que fora unha grande estrela da televisión, arredados do mundo exterior. O pai grazas a un complexo proceso informático, logra reduplicar a súa imaxe para aparecer ao mesmo tempo en varios programas. Co tempo, este proceso revírase de tal xeito que a imaxe se apodera aos poucos de todo e tenta destruílo a el a á súa familia. Daquela o presentador emprende unha fuxida cara á ningures, que á fin se concreta no feito de trasladarse a vivir a unha casa illada do mundo exterior. Fóra da mesma hai unha ameaza constante para todos eles e que soamente o pai coñece. Isto, tras a morte do pai, fai que os dous fillos loiten para ter unha existencia propia, lonxe da imaxe. Todo vai desenvolvéndose consonte a última advertencia do pai, recollida na contraportada do libro: “Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades”. |
Liña 34: | Liña 34: | ||
=== De elaboración propia === | === De elaboración propia === | ||
− | + | [http://www.edu.xunta.es/centros/iesallerulloa/system/files/Gu%C3%ADa+A+sombra+cazadora.pdf Guía de lectura] de A sombra cazadora | |
Revisión actual feita o 22 de febreiro de 2015 ás 11:17
Suso de Toro na distopía A sombra cazadora preséntanos a historia de dous irmáns que viven co seu pai, un comunicador, que fora unha grande estrela da televisión, arredados do mundo exterior. O pai grazas a un complexo proceso informático, logra reduplicar a súa imaxe para aparecer ao mesmo tempo en varios programas. Co tempo, este proceso revírase de tal xeito que a imaxe se apodera aos poucos de todo e tenta destruílo a el a á súa familia. Daquela o presentador emprende unha fuxida cara á ningures, que á fin se concreta no feito de trasladarse a vivir a unha casa illada do mundo exterior. Fóra da mesma hai unha ameaza constante para todos eles e que soamente o pai coñece. Isto, tras a morte do pai, fai que os dous fillos loiten para ter unha existencia propia, lonxe da imaxe. Todo vai desenvolvéndose consonte a última advertencia do pai, recollida na contraportada do libro: “Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades”.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Tratamento previo: Introdución xeral á narrativa fantástica. Lectura comprensiva na clase.
Obxectivos: Lectura connotativa e análise literaria.
Avaliación: Análise expositiva e argumentativa.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Outros de departamentos
MM
Número de exemplares na Biblioteca
- TORO, Suso de: A sombra cazadora. --Santiago de Compostela :Xerais, 1994. --208 p.; 21 cm.-- (Fóra de xogo) ISBN 84-7507-841-9. 4 exemplares
Ligazóns
De elaboración propia
Guía de lectura de A sombra cazadora
Ligazóns externas
Suso de Toro na Galipedia, unha achega á obra de Suso de Toro.
Suso de Toro na BVG Suso de Toro na Biblioteca Virtual Galega.