Diferenzas entre revisións de «Cousas»

De Wiki Aller
Liña 8: Liña 8:
 
|temporalización = 2ªavaliación
 
|temporalización = 2ªavaliación
 
}}
 
}}
'''Os vellos non deben de namorarse''' é a única obra teatral de '''Castelao'''. O tema central da obra xira arredor dos '''amores serodios''', desencadeante do conflito dramático, '''e a morte'''. Os amores do vello pola moza é un tema presente, con distintos tratamentos, na literatura culta e popular de todos os tempos e latitudes. A morte é elemento elixido para resolver o conflito.
+
En '''Cousas''', '''Castelao''' realiza unha fonda análise da problemática social e económica da Galiza do primeiro terzo do século XX, para iso o autor sérvese dunha presenza coral de personaxes arquetípicos, que nos máis dos relatos representan a aqueles sectores sociais máis marxinados: anciás en soidade, xentes mergulladas na miseria, vellos que reflicten con crueldade o paso do tempo, mariñeiros curtidos polo duro traballo no mar, cegos, emigrantes... Cada cousa está ambientada por unha ilustración que representa con gran realismo dramático os diferentes asuntos desenvolvidos nos relatos. Polo xeral, estes últimos recrean unha temática de ambiente labrego ou mariñeiro, con gran sincretismo, seguindo unha técnica narrativa semellante á emprega por Castelao nos seus debuxos: información clara que procura á achega connotativa por parte do lector que debe ser que de formular suxestións. Esta fórmula orixinal acada en ocasións un notorio lirismo.
 +
 +
Secasí que a cousa constitúe en si mesma un estilema, pois percorre toda a súa narrativa, até o punto de podermos establecer un certo paralelismo canto á estrutura con ''Retrincos'' e, en parte, con ''Un ollo de vidro'' ou ''Os dous de sempre'', obras as tres que semellan unha compilación de cousas.
  
Esta dobre temática -amor e morte- toma corpo no personaxe do vello e nela ensaríllanse diversos '''subtemas''' como a natureza da felicidade, o casamento de comenencia, o motivo da malcasada, a decadencia da fidalguía ou o amor por interese fronte ao amor sentimento.
 
 
A singularidade da obra non radica, pois, nos temas seleccionados senón no seu tratamento escénico e artístico. A integración de elementos populares e tradicionais coas novas formas do teatro europeo do momento supoñen unha proposta para crear un teatro galego da arte e teñen maior significación histórico-literaria que o tema en si.
 
 
Por outra banda, o tratamento faise en clave de '''farsa''': alternancia de elementos tráxicos, cómicos e traxicómicos.
 
  
  

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2011 ás 18:50

Cousas
miniatura da obra
Curso
4º ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 4º
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización


En Cousas, Castelao realiza unha fonda análise da problemática social e económica da Galiza do primeiro terzo do século XX, para iso o autor sérvese dunha presenza coral de personaxes arquetípicos, que nos máis dos relatos representan a aqueles sectores sociais máis marxinados: anciás en soidade, xentes mergulladas na miseria, vellos que reflicten con crueldade o paso do tempo, mariñeiros curtidos polo duro traballo no mar, cegos, emigrantes... Cada cousa está ambientada por unha ilustración que representa con gran realismo dramático os diferentes asuntos desenvolvidos nos relatos. Polo xeral, estes últimos recrean unha temática de ambiente labrego ou mariñeiro, con gran sincretismo, seguindo unha técnica narrativa semellante á emprega por Castelao nos seus debuxos: información clara que procura á achega connotativa por parte do lector que debe ser que de formular suxestións. Esta fórmula orixinal acada en ocasións un notorio lirismo.

Secasí que a cousa constitúe en si mesma un estilema, pois percorre toda a súa narrativa, até o punto de podermos establecer un certo paralelismo canto á estrutura con Retrincos e, en parte, con Un ollo de vidro ou Os dous de sempre, obras as tres que semellan unha compilación de cousas.


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Introdución xeral á linguaxe teatral. Lectura dramatizada na clase.

Obxectivos: Lectura e análise literaria.

Avaliación: Análise dun fragmento.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.


Outros de departamentos

MM

Número de exemplares na Biblioteca

  • CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Cousas /Alfonso R. Castelao ; edición de Manuel Rosales. --Vigo : Galaxia. --122 p. : il.; 20 cm. --Literaria; 13. ISBN 84-8288-781-5. 6 exemplares

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Castelao : Magnífica aproximación a Castelao na Galipedia

Ilustracións de Cousas Dixitalización dos debuxos orixinais de Castelao para as Cousas no Museo de Pontevedra.