Diferenzas entre revisións de «Cousas»
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Infobox Obra | {{Infobox Obra | ||
− | |titulo = ''' | + | |titulo = '''Cousas''' |
− | |foto = | + | |foto = Cousas.jpg |
|curso = 2º BAC | |curso = 2º BAC | ||
|caracter = Obrigatorio | |caracter = Obrigatorio | ||
− | |materia = | + | |materia = Lingua galega e literatura 4º |
|departamento = Lingua galega e literatura | |departamento = Lingua galega e literatura | ||
− | | | + | |tempo = 2ª avaliación |
}} | }} | ||
'''Os vellos non deben de namorarse''' é a única obra teatral de '''Castelao'''. O tema central da obra xira arredor dos '''amores serodios''', desencadeante do conflito dramático, '''e a morte'''. Os amores do vello pola moza é un tema presente, con distintos tratamentos, na literatura culta e popular de todos os tempos e latitudes. A morte é elemento elixido para resolver o conflito. | '''Os vellos non deben de namorarse''' é a única obra teatral de '''Castelao'''. O tema central da obra xira arredor dos '''amores serodios''', desencadeante do conflito dramático, '''e a morte'''. Os amores do vello pola moza é un tema presente, con distintos tratamentos, na literatura culta e popular de todos os tempos e latitudes. A morte é elemento elixido para resolver o conflito. |
Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2011 ás 17:27
Os vellos non deben de namorarse é a única obra teatral de Castelao. O tema central da obra xira arredor dos amores serodios, desencadeante do conflito dramático, e a morte. Os amores do vello pola moza é un tema presente, con distintos tratamentos, na literatura culta e popular de todos os tempos e latitudes. A morte é elemento elixido para resolver o conflito.
Esta dobre temática -amor e morte- toma corpo no personaxe do vello e nela ensaríllanse diversos subtemas como a natureza da felicidade, o casamento de comenencia, o motivo da malcasada, a decadencia da fidalguía ou o amor por interese fronte ao amor sentimento.
A singularidade da obra non radica, pois, nos temas seleccionados senón no seu tratamento escénico e artístico. A integración de elementos populares e tradicionais coas novas formas do teatro europeo do momento supoñen unha proposta para crear un teatro galego da arte e teñen maior significación histórico-literaria que o tema en si.
Por outra banda, o tratamento faise en clave de farsa: alternancia de elementos tráxicos, cómicos e traxicómicos.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Tratamento previo: Introdución xeral á linguaxe teatral. Lectura dramatizada na clase.
Obxectivos: Lectura e análise literaria.
Avaliación: Análise dun fragmento.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Outros de departamentos
MM
Número de exemplares na Biblioteca
- CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Os vellos non deben de namorarse: Farsa en tres actos con un prólogo. --Vigo :Galaxia, 1988. --121 p. ISBN 84-7154-165-3. 2 exemplares
- CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Os vellos non deben de namorarse. / Alfonso R. Castelao. --Santiago de Compostela :Igaem, 2000. --199 p. : il. cor. ;24 cm. -- (Centro Dramático Galego; 22) Contén a edición facsímile da primeira edición da editorial Galaxia, do ano 1953. -- ISBN 84-453-2681-3. 1 exemplar
- CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Os vellos non deben de namorarse /Alfonso R. Castelao ; dirección: Manuel Areoso ; produción Centro Dramático Galego. --Santiago de Compostela :Igaem, 2000. --1 videodisco DVD. 1 exemplar
Ligazóns
De elaboración propia
Os vellos non deben de namorarse : Curso na Aula Virtual. Esixe chave de acceso
Ligazóns externas
Castelao : Magnífica aproximación a Castelao na Galipedia
Debuxos Dixitalización dos debuxos orixinais de Castelao para a versión definitiva d'Os vellos non deben de namorarse no Museo de Pontevedra.