Diferenzas entre revisións de «Na noite estrelecida»

De Wiki Aller
(Nova páxina: "'''Na noite estrelecida''' (1926) representa a culminación da poesía narrativa de '''Ramón Cabanillas'''. Nela, o poeta aborda a temática artúrica desde uns presupostos que reve...")
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2010 ás 20:05

Na noite estrelecida (1926) representa a culminación da poesía narrativa de Ramón Cabanillas. Nela, o poeta aborda a temática artúrica desde uns presupostos que revelan a súa afinidade co ideario das Irmandades, e, sobre todo, coa visión de Vicente Risco en defensa dos valores espirituais e atlantistas do galeguismo. Na obra converxen celtismo, arturismo e medievalismo. A saudade como sentimento étnico e o sentimento da paisaxe como símbolo transcendente entroncan co pensamento de Risco. A estética modernista (expresada no gusto pola sinestesia, a requintada linguaxe ou a métrica con predominancia de alexandrinos) inscríbense no proxecto de europeización da cultura galega e de enriquecemento lingüístico que impulsa o grupo Nós.