Diferenzas entre revisións de «O xardineiro dos ingleses»
Liña 42: | Liña 42: | ||
=== De elaboración propia === | === De elaboración propia === | ||
− | [ | + | [https://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Gu%C3%ADa%20O%20xardineiro%20dos%20ingleses.pdf] de ''O xardineiro dos ingleses'' |
=== Ligazóns externas === | === Ligazóns externas === |
Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2020 ás 17:44
En cadernodacritica.wordpress.com a respecto de O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro, galardoada co Premio García Barros 2017, dáse conta dunha novela que ben podería desdir eses cantos de cisne que agroman de cando en vez para alertar as persoas que non saben da suposta descomposición ou estado terminal do xénero entre nós.
O libro de Calveiro, en esencia, vén ser unha proposta marcada tecnicamente por unha salientable habilidade construtiva, escrita con indubidable brillantez e que posibilita achegarse á historia de Vilagarcía de Arousa nun período que vai desde finais do século XIX ata 1936, proxectándose no presente. Para esta fin articúlase unha estrutura bimembre que encerra, no fondo, dúas novelas: a que comeza a principios do século XX e que nos deixa a comezos do XXI, focalizada en Edelmiro, o coidador do cemiterio, e outra que nos leva da man dun investigador chamado Modesto Filgueira que, dalgún xeito,reflexiona sobre o proceso da creación literaria e outras conxunturas persoais que rodean á anterior. Dun ou doutro xeito posibilítase o xurdimento dun elenco de personaxes diversos e perfectamente individualizados que carrexan canda si un monllo de voces narrativas distintas, tecidas con habilidade desde un escenario central que vén ser o do camposanto inglés de Rubiáns, onde se deposita -a través dunha tumba aberta- o misterio a desentrañar e arredor do cal van espallándose numerosas microhistorias operativas para construír un fresco con trazos de novela histórica ou memorialística, mais tamén amosando elementos que completan a súa filiación ao xénero de intriga e, dalgún xeito, de aventuras. Estas microhistorias, que avanzan complementariamente, contempladas na súa variedade –as armadas inglesa e alemá na ría de Arousa ou a presenza de espías dun e doutro bando, os ecos do paso de Lorca, do pintor Sorolla, de Plácido Castro ou de Castelao por Vilagarcía, as pequenas historias de amizade cheas de tenrura, a memoria dos inmolados ou o retrato brillante das diversas clases sociais por só citar algunhas- van construíndo unha verdadeira reivindicación de motivos entre os que se poderían citar a superación persoal e colectiva e o sentido moral do deber que apuntan, sempre, á necesidade que ten o ser humano de vivir en liberdade, talvez un dos eixes máis relevantes desta novela.
Índice
Departamento de Lingua galega e Literatura
Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.
Avaliación: Debate aberto. Control escrito.
Contidos transversais: .
Outros de departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- CALVEIRO,Marcos: O xardineiro dos ingleses. Galaxia. Vigo: 2017. -440 p.; 21 cm. (Literaria; 365) ISBN 978-84-9151-085-7 2 exemplares.
Notas
Ligazóns
De elaboración propia
[1] de O xardineiro dos ingleses