Diferenzas entre revisións de «Historias para calquera lugar»
(Non se mostra unha revisión do historial feita polo mesmo usuario.) | |||
Liña 3: | Liña 3: | ||
|foto = Historias_para_calquera_lugar.jpg | |foto = Historias_para_calquera_lugar.jpg | ||
|curso = 2º de ESO | |curso = 2º de ESO | ||
− | |caracter = | + | |caracter = |
− | |materia = | + | |materia = |
|departamento = Lingua galega e Literatura | |departamento = Lingua galega e Literatura | ||
− | |temporalizacion = | + | |temporalizacion = |
}} | }} | ||
'''''Historias para calquera lugar''''' é un libro colectivo da colección Merlín, conmemorativo da publicación do seu número 100. Son cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, que nos mergullan nun remuíño de intriga, humor e emoción. | '''''Historias para calquera lugar''''' é un libro colectivo da colección Merlín, conmemorativo da publicación do seu número 100. Son cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, que nos mergullan nun remuíño de intriga, humor e emoción. | ||
Liña 58: | Liña 58: | ||
− | + | ||
− | |||
[[Categoría:Formatolibro]] | [[Categoría:Formatolibro]] |
Revisión actual feita o 24 de outubro de 2017 ás 12:47
Historias para calquera lugar é un libro colectivo da colección Merlín, conmemorativo da publicación do seu número 100. Son cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, que nos mergullan nun remuíño de intriga, humor e emoción.
N’A muller prohibida, An Alfaya ofrécenos un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido.
N’A primeira aventura de Sheila e Said, Ramón Caride regálanos un relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria, na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.
N’As sombras do faro, Agustín Fernández Paz achéganos un estarrecedor relato de terror e intriga, coa presenza das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente, rememorando as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentía por visitar o outeiro do faro, espazo tabú, que agocha unha historia de “paseados” na Guerra Civil...
En Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira, Xabier P. Docampo escribe un conto cheo de humor, no que ao seu protagonista, Silvano, lle mudou a vida cando caeu dunha cerdeira. O golpe faralle expresarse nunha lingua que non entende ninguén.
N’A seita do can, Miguel Vázquez Freire recrea unha distopía na que Ax e Alf, os seus protagonistas, procuran localizar o xefe da seita do can, dedicada esta a intervir reiteradamente en pantallas públicas e privadas con mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Única Universal (OUU).
Índice
Departamento de Lingua galega e Literatura
Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.
Avaliación: Debate aberto. Control escrito.
Contidos transversais: .
Outros de departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- VV.AA.: Historias para calquera lugar. Xerais. Vigo: 2003. -222 p.; 19 cm. (Merlín; 102) ISBN 84-8302-626-0 6 exemplares.