Diferenzas entre revisións de «Beowulf»
(insiro nota) |
|||
Liña 8: | Liña 8: | ||
|temporalizacion = 2ª avaliación | |temporalizacion = 2ª avaliación | ||
}} | }} | ||
− | Santiago García e [http://gl.wikipedia.org/wiki/David_Rub%C3%ADn David Rubín] uniron os seus talentos para poñer ao día o mito de [http://gl.wikipedia.org/wiki/Beowulf_%28poema%29 Beowulf], que durante máis de mil anos inspirou a partir do poema heroico do mesmo título, obra fundacional da literatura inglesa, a xeracións de autores, desde J. R. R. Tolkien ata un bo número de guionistas de Hollywood. | + | Santiago García e [http://gl.wikipedia.org/wiki/David_Rub%C3%ADn David Rubín] uniron os seus talentos para poñer ao día o mito de [http://gl.wikipedia.org/wiki/Beowulf_%28poema%29 Beowulf], que durante máis de mil anos inspirou a partir do poema heroico do mesmo título, obra fundacional da literatura inglesa, a xeracións de autores, desde [http://gl.wikipedia.org/wiki/J._R._R._Tolkien J. R. R. Tolkien] ata un bo número de guionistas de Hollywood. |
[[Ficheiro:Textobeowulf.jpeg|thumb|Primeira páxina do poema orixinal.]] | [[Ficheiro:Textobeowulf.jpeg|thumb|Primeira páxina do poema orixinal.]] | ||
A versión que propoñen García e Rubín segue fielmente o argumento e a estrutura en tres actos do texto orixinal. Non pretende ser revisionista, irónica nin posmoderna, senón que buscou apegarse ao ton e os feitos narrados no poema, e transmitir con toda a súa potencia a resonancia épica e melancólica dos seus versos a través dos recursos formais do cómic contemporáneo. | A versión que propoñen García e Rubín segue fielmente o argumento e a estrutura en tres actos do texto orixinal. Non pretende ser revisionista, irónica nin posmoderna, senón que buscou apegarse ao ton e os feitos narrados no poema, e transmitir con toda a súa potencia a resonancia épica e melancólica dos seus versos a través dos recursos formais do cómic contemporáneo. |
Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2014 ás 21:35
Santiago García e David Rubín uniron os seus talentos para poñer ao día o mito de Beowulf, que durante máis de mil anos inspirou a partir do poema heroico do mesmo título, obra fundacional da literatura inglesa, a xeracións de autores, desde J. R. R. Tolkien ata un bo número de guionistas de Hollywood.
A versión que propoñen García e Rubín segue fielmente o argumento e a estrutura en tres actos do texto orixinal. Non pretende ser revisionista, irónica nin posmoderna, senón que buscou apegarse ao ton e os feitos narrados no poema, e transmitir con toda a súa potencia a resonancia épica e melancólica dos seus versos a través dos recursos formais do cómic contemporáneo.
A perspectiva non é, pois, a do xénero da espada e bruxería ou a fantasía heroica, senón a de reconstruír un relato moi antigo cunha mirada moderna, respectando a sinxeleza monumental do material de partida. Así, Beowulf cobra nova vida, como se fose unha historia que descubrimos por vez primeira.
Os dous autores propoñen unha analítica estrutura que esmiúza con mimo o mito para volver a ensamblalo ante os nosos ollos. As viñetas parecen máis que nunca barrotes incapaces de conter a desatada brutalidade que se produce dentro delas e o vermello sangue é a base cromática sobre que a David pintou toda esta ancestral historia, vermello que ademais parece querer traspasar a páxina á menor ocasión. Javier Olivares.[1]
Índice
Departamento de ALS
- Tratamento previo: Presentación da obra.
- Obxectivos: Coñecemento da obra, a época e atécnica da banda deseñada.
- Avaliación: Cuestionario na Aula Virtual do centro.
- Contidos curriculares:
- Contidos transversais: