Diferenzas entre revisións de «Memorias dun neno labrego»

De Wiki Aller
(Departamento de Lingua e Literatura galegas)
Liña 32: Liña 32:
  
 
'''Contidos transversais''': A tolerancia, a cultura tradicional, as relacións sociais...
 
'''Contidos transversais''': A tolerancia, a cultura tradicional, as relacións sociais...
 
  
 
== Outros de departamentos ==
 
== Outros de departamentos ==

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2012 ás 20:04

Memorias dun neno labrego
miniatura da obra
Curso
3º de ESO
Carácter
Opción en listaxe obrigatoria
Materia
Lingua galega e literatura
Departamento
Departamento de lingua galega e literatura
Temporalización


“Eu son... Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais pobre...”

Así principia Memorias dun neno labrego (1960) de Xosé Neira Vilas. Trátase dunha novela que se desenvolve arredor dunha serie de temas estruturados en torno á realidade social do campesiñado galego da época, vistos desde unha óptica infantil, como: a conciencia de clase que nos é amosada a través dunha dobre realidade antagónica, a aldea fronte á cidade, Balbino e Manolito exemplifícana á perfección; a extrema relixiosidade das aldeas, coa rigorosa presenza do loito, en contraposición co Entroido; a emigración que asoma como unha clara limitación para o mundo dos nenos, só reservada ao mundo dos maiores; as ilusións da nenez, vinculadas á amizade de Balbino con Pachín e con Lelo, ás romarías ou ao posterior rebusque; a marxinación do idioma galego, claramente presente na escola; o culto á morte, así como a tradición dos velorios; a presenza dunha madurez temperá, reafirmada co seu primeiro emprego, sancristán, ou as perspectivas de futuro, co xuramente de querer ser alguén o día de mañá; o espírito rebelde ante a pobreza e as inxustizas en xeral, o que deixa translucir un fondo realismo crítico.



Departamento de Lingua e Literatura galegas

Carácter / nivel : Obrigatorio / 3º ESO

Tempo: 3º trimestre

Tratamento previo: Introdución xeral á época. Debate na aula.

Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.

Avaliación: Control escrito.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.

Contidos transversais: A tolerancia, a cultura tradicional, as relacións sociais...

Outros de departamentos

MM


Número de exemplares na Biblioteca

NEIRA VILAS, Xosé: Memorias dun neno labrego. -A Coruña : 2005 (24ª edición). -187 p.; 18 cm. (Ediciós do Castro. -Narrativa) ISBN 84-8485-126-5: 8 exemplares

Ligazóns

De elaboración propia

Guía de lectura de Memorias dun neno labrego

Ligazóns externas

As Memorias na Galipedia

Xosé Neira Vilas na Galipedia

Neira Vilas na BVG

Neira Vilas na AELG

Fundación Xosé Neira Vilas