Golpes de luz

De Wiki Aller
Golpes de luz
miniatura da obra
Curso
Club de lectura
Carácter
Obrigatorio
Materia
Literatura galega
Departamento
Lingua galega e Literatura e Club de lectura
Temporalización
Todo o curso


A novela Golpes de luz de Ledicia Costas, é unha novela cualificada polo Club de lectura do profesorado do IES Aller Ulloa de thriller cun forte compoñente social narrado por tres xeracións con diferentes formas de entender o mundo polas súas circunstancias vitais e a súa idade, pois Luz non é unha avoa como as demais, sendo a figura matriarcal dunha familia que nos fai rememorar os tempos da infancia e na que Luz marca o ritmo desta trama grazas ao seu fiel compañeiro: o martelo. Presentándonos un retrato denso e profundo dunha familia na que o lector pasa a formar parte dos diferentes matices de perspectiva persoal e de franxas de idade. Por parte, a Guía de lectura Golpes de luz de A Marela Tarabela conclúe cunha reflexión que nos lembra que, aínda que non sempre, a mellor etapa vivencial é a infancia e que após dela bateremos coa esencia da propia vida que nesta novela nos achega unha pluralidade temática chea de matices: a violencia de xénero, o narcotráfico e as súas terribles consecuencias, a vellez asociada ao devalar da psique, a escola, a amizade, a separación, os afectos...'



Departamento de Lingua galega e Literatura e Club de lectura

Tratamento previo: Información sobre a novela.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura e análise literaria.

Avaliación: Debate aberto.

Contidos transversais: .

Outros de departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • COSTAS,Ledicia: Golpes de luz. Xerais. Vigo: 2021. -283 p.; 23 cm. (Xerais Narrativa; 485) ISBN 978-84-1110-036-6 6 exemplares.

Notas

Ligazóns

De elaboración propia

de lectura de Golpes de luz

Ligazóns externas