A culpa

De Wiki Aller
A culpa
miniatura da obra
Curso
Club de lectura
Carácter
Obrigatorio
Materia
Literatura galega
Departamento
Lingua galega e Literatura e Club de lectura
Temporalización
Todo o curso


A culpa de María Solar, premio Xerais 2022, é unha novela cualificada polos integrantes do Club de lectura do profesorado do IES Aller Ulloa de blockbuster literario de lectura áxil e consumo fácil, de libro magnético que te mantén intrigada dende o inicio, que sorprende páxina a páxina e cun final de grande impacto e inesperado, que atrapa o lector dende a primeira folla esperando resolver unha trama coa culpa como protagonista principal, unha culpa ao lombo que Marcela só quere traspasar antes de morrer, despregando nas súas páxinas unha crúa denuncia da condición humana sometida aos vaivéns da violencia de xénero da que son vítimas dúas mulleres, Mirta e Marcela, protagonistas dunha dupla historia estruturada en espiral (Amanda, o diario de Mirta e de novo Amanda) que conclúe nun final que non deixa indiferente. Tampouco faltan doses de crueza moral e de compaixón cara ás vítimas, convertidas en xuízas ou xusticeiras, resultando daquela un produto literario que vai turrando de nós con suma sensibilidade.


Departamento de Lingua galega e Literatura e Club de Lectura

Tratamento previo: Información sobre a novela.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura e análise literaria.

Avaliación: Debate aberto.

Contidos transversais: .

Outros de departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • SOLAR,María: A Culpa. Xerais. Vigo: 2022. -334 p.; 23 cm. (Xerais Narrativa; 501) ISBN 978-84-1110-177-6 6 exemplares.

Notas

Ligazóns

De elaboración propia

Guía de lectura de A culpa

Ligazóns externas